| NOVAS « Atrás O Concello contrata diversas obras no municipio por 345.982 eurosOleiros, 4 de decembro de 2018-. O Concello de Oleiros adxudicou catro importantes obras en diversas localidades do municipio. O importe total dos tres proxectos contratados ascende a 345.982 euros. A construción dunha cuberta e a realización doutras melloras na pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda foi adxudicada por 154.884 euros. A empresa encargada de facer a obra será Melcor. Nas vindeiras semanas, vaise proceder tamén á restauración e tratamento da madeira do paseo marítimo Manuel Rial de Mera, do parque das Galeras, da pasarela de acceso ao castelo de Santa Cruz e do parque da urbanización O Graxal. O custo desta actuación, adxudicada á empresa Jardinería Arce, é de 92.982 euros. Tamén foron contratados os traballos de asfaltado da avenida Rosalía de Castro, en Perillo, por 70.549 euros á empresa López Cao. Ademais desta actuación, renovaranse as beirarrúas e as redes de servizos públicos de auga e saneamento. Outra das obras adxudicadas foi a da mellora da iluminación no Balcón de Maianca. Ten un custo de 27.567 euros e será realizada pola empresa Celso Núñez. |