Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza unha visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña

Oleiros, 4 de decembro de 2018-. Dentro do programa municipal Oleiros vai de museo, o Concello organiza para o xoves 13 de decembro unha visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña para coñecer a colección de Mulleres do museo. A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición abre mañá mércores 5 de decembro.

Mulleres do museo é unha visita guiada que pretende facer unha achega ao papel que xogaron as mulleres no mundo da arte, nun dobre sentido: como é representada a muller ao longo da historia da arte, e como as mulleres van accedendo, paseniño e con dificultades, ao oficio ou condición de artistas. Unha visita á colección de sempre pero desde un punto de vista non tradicional que invita á reflexión.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -cultura@oleiros.org-.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza