Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Talía Teatro presenta o sábado no García Márquez a comedia O servidor de dous amos

Oleiros, 7 de novembro de 2018-. A compañía Talía Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo O servidor de dous amos, de Carlo Goldoni e dirixido por Artur Trillo e Diego Rey. Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordoñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo conforman o elenco desta obra de teatro.

O servidor de dous amos é unha revisión dun dos textos clásicos da historia do teatro, convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte do teatro renacentista italiano. Esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza