Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Ministerio de Cultura premia as bibliotecas de Oleiros pola súas actividades de animación á lectura

Oleiros, 2 de novembro de 2018-. As Bibliotecas Municipais de Oleiros foron preseleccionadas un ano máis polo Ministerio de Cultura para optar ao Premio María Moliner 2018. O sistema de bibliotecas do Concello Oleiros é un dos 300 seleccionados neste prestixioso galardón, no que participan as mellores bibliotecas de todo o Estado español.

Ademais do importante recoñecemento que supón esta preselección, o Ministerio concederá unha subvención de 1.706,66 euros ao Concello de Oleiros para a adquisición de libros para as bibliotecas.

As Bibliotecas Municipais de Oleiros xa resultaron ganadoras do Premio María Moliner no ano 2011, na modalidade de municipio de entre 20.001 a 50.000 habitantes. Pero ademais deste premio, as bibliotecas de Oleiros recibiron numerosos galardóns en recoñecemento ao seu labor de difusión e fomento da lectura. O máis recente, foi o Premio Fomento de la Lectura a Bibliotecas abiertas al público que entregou en 2017 a Federación de Gremios de Editores de España, que representa a máis do 90% das editoriais privadas españolas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza