Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Goberno local reclamaralle á Xunta que complete a obra do comedor do Colexio Valle Inclán

Oleiros, 6 de xullo de 2018-. O Concello de Oleiros ten solicitada unha reunión ante a Consellería de Ensino para demandar que finalicen as obras de construción do comedor do Colexio Valle Inclán. A Xunta creou a metade do comedor co compromiso de rematalo por completo máis adiante, pero a día de hoxe as instalacións seguen na mesma situación.

Tanto o Concello de Oleiros como a ANPA levaban anos denunciando esta situación e demandando un comedor escolar digno. “Despois de reclamar a construción dun comedor desde o Concello e desde a ANPA, a Xunta realizou a metade da obra aproveitando un patio cuberto. A ANPA pretendía agora que se ampliase con galpóns, pero nós o que dicimos é que a Xunta ten que acabar o comedor tal e como estaba previsto. Non estamos dispostos a permitir o chabolismo para que coman os nosos nenos”, comentou o alcalde.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza