Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Paco Nogueiras chega a Oleiros co concerto Radio Bulebule este domingo

Oleiros, 15 de maio de 2018-. O Servizo de Normalización Lingüística organizou para o vindeiro domingo, 20 de maio, ás 12.30 horas na Fábrica, un concerto de Paco Nogueiras dentro do programa Apego. Neste espectáculo Paco Nogueiras convídavos a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións no que hai de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural.

A entrada será gratuíta e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a lingua@oleiros.org ou chamar por teléfono a 981 610 000 ext. 4905 e dar os seguintes datos: o nome da nena ou neno, a idade, os nomes das persoas acompañantes, o teléfono e o correo electrónico.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza