Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O documento do Plan xeral de Cambre aprópiase de zonas verdes do Concello de Oleiros

Oleiros, 18 de maio de 2020-. O Concello de Cambre incluíu no documento de borrador do Plan xeral de ordenación municipal zonas verdes e equipamentos que pertencen ao Concello de Oleiros. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu un informe alertando sobre as numerosas anomalías do documento.

“Cambre pretende atribuírse unha zona verde de Oleiros, que construíu o Concello de Oleiros e que é propiedade do Concello de Oleiros. Benvidos son a Oleiros os veciños e veciñas da zona do Seixal que non teñen zonas verdes no seu municipio, pero de aí a que o Concello de Cambre queira atribuírse un parque público de Oleiros para non facer os que lle corresponde... Hai moitas máis cousas sobre este borrador que os próximos días faremos públicas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza