Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Todas as instalacións municipais permanecerán pechadas durante dúas semanas

Oleiros, 15 de marzo de 2020-. O Concello de Oleiros lembra ao conxunto da cidadanía que todas as instalacións de titularidade municipal van permanecer pechadas durante as próximas dúas semanas. Non haberá atención presencial nas dependencias municipais, agás en casos de extrema urxencia.

A atención ao público estará limitada a aqueles casos que razoadamente poidan ser considerados de urxencia, previa petición de cita pola persoa interesada. As consultas deberán realizarse por vía telemática ou telefónica. O rexistro municipal tamén permanecerá pechado.
 
Para realizar calquera xestión co Concello de Oleiros o teléfono de atención aos cidadáns é o 981610000. Tamén é posible realizar numerosos trámites a través da Sede Electrónica. Na web municipal están dispoñibles os correos electrónicos de todos os departamentos municipais.
 
O Concello de Oleiros solicita a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación.
 
É extremadamente importante lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza