Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O pleno municipal aproba definitivamente o orzamento do Concello de Oleiros

Oleiros, 11 de marzo de 2020-. O pleno municipal aprobou de maneira definitiva o orzamento municipal para o ano 2020, que ascende a 31.830.400 euros. Desta maneira, o documento entrará en vigor nos vindeiros días para poder executar todas aquelas obras e servizos que contempla ao longo do presente exercicio.

O capítulo de investimentos en novas obras e servizos ascende a 6.556.480 euros, un 14,15% máis que en 2019. Algunhas das actuacións contempladas son a 2ª fase do campo de fútbol de Mera, unha ampla renovación da iluminación pública, as expropiacións do paseo fluvial do rego de San Pedro, a consolidación do carril bici no centro de Arillo, así como diversas actuacións de mellora das redes de saneamento e abastecemento de augas, pavimentación de rúas públicas ou construción de novos tramos de beirarrúas, entre outras.
 
O pleno municipal tamén acordou adaptar o Plan xeral ás porcentaxes de vivenda sometidas a algún tipo de protección que establece a Xunta de Galicia. Á marxe diso, o Concello de Oleiros ten neste momento solo á venda para a construción de 64 pisos de prezo taxado e 56 de aluguer protexido en Mera, Xaz, Oleiros e Perillo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza