Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello vai sacar á venda parcelas para a construción de pisos de prezo taxado en Xaz, Oleiros e Mera

Oleiros, 21 de febreiro de 2020-. O Concello de Oleiros sacará proximamente á venda 4 parcelas de propiedade municipal, adquiridas gratuitamente a través da xestión do solo das novas urbanizacións, a un prezo inferior ao de mercado para a construción de vivendas de prezo taxado, que se venderán a veciños e veciñas de Oleiros a prezos inferiores aos de mercado. Os solares están situados nas proximidades do campo de golf de Xaz, no centro de Mera e na praza da Rabadeira, en Oleiros.
 
A oferta deste solo está dirixido a promotores ou cooperativas que se puideran formar. O prazo de licitación será de 15 días, desde o momento da publicación da oferta de solo na Plataforma de Contratación do Estado. Para realizar consultas sobre este proceso, as persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
 
Para a posterior adquisición destes pisos de prezo taxado (37 en Xaz, 12 en Oleiros e 15 en Mera), terán prioridade os veciños e veciñas de Oleiros. No caso de que non exista demanda por parte da cidadanía do municipio, a venda abrirase a persoas doutros concellos.
 
SOLO PARA VIVENDAS UNIFAMILIARES
 
O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas unifamiliares en Xaz, en Canide, en Oleiros e en Iñás. Aquelas persoas interesadas en adquirir algunha destas parcelas deben dirixirse á Secretaría Xeral do Concello.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza