Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello entrega o domingo os premios do certame literario Descubrindo Oleiros

Oleiros, 19 de febreiro de 2020-. Este domingo 23 de febreiro, a partir das 12.00 h entregaranse os premios do VI Premio Literario Descubrindo Oleiros no Teatro das Torres, en Santa Cruz. O acto comezará cunha contada de Caxoto, Carteiro en bicicleta, centrada en Rosalía de Castro e outros escritores e escritoras homenaxeadas nas Letras Galegas, para dar paso á entrega de premios e lectura dos textos gañadores. 

Este ano, as persoas galardoadas serán Kyra Saavedra Escalante, de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo conto A gata Ágata; de María González Blanco, de 4º de primaria do CEIP Luís Seoane, polo texto As sete aventuras; Inés Santiago García, de 5º de primaria do CEIP Luís Seoane polo conto O carballo e a cadela Pepa; Pablo Rodríguez Gagino, de 6º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal, polo relato O xardín encantado; Andrea González López, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas, polo o texto Noutra vida; Elena Fernández Vázquez, de 2º de ESO do IESP Xosé Neira Vilas polo texto Un día máis en Oleiros.
 
Este premio está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, e desde os seus inicios tivo dous obxectivos principais: fomentar a lingua e dar a coñecer o municipio. Dous obxectivos cumpridos como se reflicten nos textos participantes.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza