Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza unha ruta de sendeirismo polas terras do Mariscal Pardo de Cela

 Oleiros, 29 de agosto de 2019-. A próxima das saídas do programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza será o vindeiro 21 de setembro. As persoas participantes van realizar unha ruta de sendeirismo pola zona de Mondoñedo e visitarán o Centro de interpretación da Basílica de San Martiño.

A  camiñada a pé partirá de Mondoñedo e rematará en Castrodouro. A distancia a percorrer é de 16 km e está cualificada como de dificultade media. Durante o traxecto visitarase o Castelo-fortaleza da Frouseira, a ZEC do Río Ouro, a Ponte da Seara ou o Castelo de Castrodouro, entre outros lugares.
 
O prazo de inscrición para esta excursión abre o vindeiro luns día 2 de setembro. Para apuntarse ou obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza