| NOVAS « Atrás Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarizaciónOleiros, 22 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2019/2020. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Aquelas persoas que teñan que presentar documentación terán ata o día 6 de agosto para facelo. Unha vez rematado ese prazo, a documentación requirida será valorada polo equipo técnico de Servizos Sociais, que proporá unha listaxe definitiva sobre a que se ditará a resolución e se farán os trámites necesarios para que as familias poidan dispoñer deses cartos xusto antes de iniciarse o curso escolar. Estas axudas son unha das diversas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, dicionarios, libros…). Estas prestacións son compatibles coas axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas só a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en idade escolar. Na convocatoria deste ano presentáronse un total de 150 solicitudes. |