Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello inaugura o busto dedicado a José Luis Sampedro no parque que leva o seu nome

 Oleiros, 17 de xullo de 2019-. Esta mañá inaugurouse un busto de José Luis Sampedro no parque público que leva o seu nome, na rúa Camilo Díaz Baliño. O acto estivo presidido polo alcalde, Ángel García Seoane, e contou coa presenza do escultor que o creou, Álvaro Gil García, que lle doou gratuitamente a peza ao Concello de Oleiros.

O alcalde tivo palabras de agradecemento para Gil García polo seu xesto ao mesmo tempo que eloxiou a beleza da figura e o enorme realismo do busto. O escultor explicou a dificultade do traballo, realizado en pedra, e co que se pretende contribuír a “render tributo ao extraordinario humanista e escritor José Luis Sampedro”, un indignado permanente. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza