| NOVAS « Atrás O Concello de Oleiros investirá 4,8 millóns en 23 obrasOleiros, 16 de xullo de 2019-. O Goberno municipal aprobará no próximo pleno do 24 de xullo 23 obras e servizos que teñen un custo de 4.829.232 euros. Parte da financiación deste proxectos procede dos 3,8 millóns de superávit cos que conta o Concello de Oleiros do exercicio anterior. As obras comezarían a realizarse a partir do mes de setembro e serán as seguintes: - Expropiación edificacións na ZV-10 (Parque litoral de Bastiagueiro Pequeno): 1.000.000 euros - Primeira fase do campo de fútbol de Mera: 939.011,50 euros - Proxecto básico e execución da remodelación do Pavillón da Rabadeira: 446.595,09 euros - Construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro: 430.419,71 euros - Substitución do pavimento de madeira do paseo marítimo da ría entre A Fábrica e Agramar: 415.455,24 euros - Nova rede de abastecemento de auga na Avenida Francisca Herrera: 394.361,18 euros - Mellora das infraestruturas viarias do Polígono industrial de Iñás: 167.421,81 euros - Humanización e mellora da rúa do Repicho: 161.898,48 euros - Control de calidade dos investimentos financieiramente sostibles: 160.986,89 euros - Pavimentación da praza da Lagoa de Mera: 110.775,74 euros - Pavimentación da rúa Uxío Novo Neyra: 109.765,65 euros - Glorieta do centro de Santa Cruz: 90.516,88 euros - Renovación da cuberta do Centro Municipal de Formación: 67.976,46 euros - Reparación de superficies da pista de skate Bastiagueiro: 47.936,07 euros - Coordinación de seguridade e saúde: 46.990,46 euros - Peche do circuíto da rede de abastecemento de auga na rúa Golfiño: 44.423,95 euros - Mellora da eficiencia enerxética en instalacións deportivas municipais (pavillóns de Canide e Valle Inclán): 39.995,17 euros - Canalización da rede de comunicación e baixa tensión na rúa Fieitos: 34.983,80 euros - Reparación de xuntas, ancoraxes e superficies da praza Esther Pita: 28.653,54 euros - Instalación eléctrica na Finca Tenreiro: 28.525,88 euros - Adquisición dunha furgoneta para a policía local: 28.000 euros - Mellora da seguridade viaria nun tramo da rúa Bartolomé das Casas: 27.626,39 euros - Reparacións do falso teito no local social de Rialta: 6.912,43 euros |