Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alcalde diríxese ao Goberno central para esixir a adxudicación do túnel de Sol y Mar e o dragado da ría

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixirase ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para que se proceda, sen máis dilacións, á adxudicación das obras do túnel soterrado de Sol y Mar. As ofertas por parte das empresas interesadas foron presentadas no mes de febreiro.

A Xunta aproba definitivamente os cambios do Plan Xeral en Monte do Sino e no centro de Oleiros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificoulle ao Concello de Oleiros a aprobación definitiva de dous cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este informe favorable da Xunta de Galicia era o último paso na tramitación destas modificacións.

O documento do Plan xeral de Cambre aprópiase de zonas verdes do Concello de Oleiros

O Concello de Cambre incluíu no documento de borrador do Plan xeral de ordenación municipal zonas verdes e equipamentos que pertencen ao Concello de Oleiros. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu un informe alertando sobre as numerosas anomalías do documento.

Abre o prazo de matriculación nas catro escolas infantís públicas de Oleiros

O prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2020/2021 permanecerá aberto ata o 29 de maio. Ata ese día poderán tramitarse tanto as reservas de prazas para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas como as solicitudes de novo ingreso.

O Concello de Oleiros reivindica a figura de don Ricardo Carvalho Calero

Mañá celebrase o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao profesor don Ricardo Carvalho Calero, un loitador incansable, un traballador pola nosa lingua e a nosa literatura e unha das persoas que máis ten reflexionado sobre a situación lingüística. Carvalho Calero foi unha das persoas que máis se ten preocupado polo futuro da lingua, pola súa normalización e a súa normativización.

O Concello contrata o servizo de limpeza de praias ata 2022

O Concello de Oleiros contratou por 354.139,84 euros o servizo de limpeza de praias para os dous próximos anos. Tamén está prevista a contratación de 40 persoas para o servizo de salvamento e socorrismo.

O Concello vende unha parcela no Paraíso para a construción de vivendas de aluguer protexido

O Concello de Oleiros vendeu por 569.911,22 euros unha parcela de propiedade municipal no Paraíso, en Perillo. Nese solo vai edificarse un edificio con 17 vivendas para aluguer ao prezo taxado pola Xunta de Galicia.

Unha orde do Goberno central permite os desprazamentos aos colexios para recoller o material escolar do alumnado

O Goberno central, a través da Orde SND/399/2020, permite os desprazamentos aos centros educativos para a recollida de material escolar e outras actividades de natureza análoga. Establécese que o acceso aos recintos deberá realizarse de maneira individual, coa concertación de cita previa, para evitar a coincidencia de varias persoas e garantir as distancias de seguridade.

O Concello pon a disposición da Deputación o solo necesario para ampliar a estrada xunto ao Pazo de Lóngora

O Concello de Oleiros vai poñer a disposición da Deputación da Coruña o solo necesario para ampliar a estrada de titularidade provincial que une Santa Cruz e Montrove, á altura do Pazo de Lóngora. O Goberno municipal conseguiu estes terreos tras chegar a un acordo coas persoas propietarias que lidan coa estrada.

Autoridades locais de Galicia e África únense contra o coronavirus

O Concello de Oleiros, xunto coas administracións locais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e de países lusófonos como Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau ou São Tomé e Príncipe, únense na campaña #OsMunicipiosCooperan, que busca reforzar a solidariedade internacional no contexto da crise xerada polo Covid-19.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza