Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As obras de renovación da rede de auga provocarán desviacións do tráfico entre As Pedreiras e Oleiros

O vindeiro luns, con motivo das obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga na avenida Francisca Herrera, produciranse desviacións na circulación. Os vehículos que circulen en dirección Sada pola estrada xeral que conecta Perillo, Montrove e Oleiros, deberán desviarse na rotonda das Pedreiras cara o Carballo, coller a avenida Miguel Hernández e incorporarse novamente á estrada a través da rotonda das olas, na Pezoca.

O Concello reclama a Emalcsa a construción do depósito de auga para Oleiros e Cambre

Os concellos de Cambre e Oleiros acordaron con Emalcsa, hai máis de 3 anos, unha mellora da subministración de auga nos dous municipios mediante a construción dun novo depósito de auga en Nós. En outubro de 2017, o Concello de Oleiros cedeu o solo necesario para situar esta instalación en Sarro, pero Emalcsa aínda non contratou a obra.

O Concello investirá 1,7 millóns na renovación da iluminación pública

O Concello de Oleiros sacará a contratación nas próximas semanas a substitución de 2.216 puntos de luz por novas luminarias LED máis eficientes. Esta actuación terá un custo de 1,7 millóns que se financiarán con 1.346.739,13 euros procedentes da Unión Europea e 336.684,79 euros de fondos propios municipais.

O Concello entrega á Xunta o solo para que continúe o carril bici entre Arillo e Lourido

O Concello de Oleiros entregará á Xunta de Galicia o solo necesario para a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Nesta estrada autonómica, o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz.

O Concello de Oleiros sanciona con 501 euros a un infractor das normas do lixo en Santa Cruz

O Concello de Oleiros abriu o correspondente expediente sancionador ante o depósito de caixas e residuos voluminosos por fóra dos colectores de lixo, o que supón unha infracción grave das normas da Ordenanza xeral de limpeza do Concello de Oleiros. Estes feitos aconteceron na rúa Gutiérrez Mellado a pasada semana.

Comeza a funcionar a zona ORA nas inmediacións das praias

Desde hoxe comeza a funcionar o sistema de cobro por estacionamento nalgúns aparcadoiros das inmediacións das praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Naval e Mera. A ORA estará activa durante toda a tempada de verán, ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 12.00 a 20.00 horas.

As laradas de San Xoán poderán realizarse en fincas privadas, coa autorización municipal previa

As fogueiras de San Xoán poderán realizarse en fincas privadas. Debido á pandemia do COVID-19 non se permitirán laradas nas praias.

O luns abren de novo os prazos administrativos do Concello de Oleiros

O Congreso dos Deputados acordou concluír esta suspensión e a partir do vindeiro luns 1 de xuño continúan ou reinícianse, segundo os casos, todos os prazos administrativos. En canto aos prazos procesuais, prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións, establécese tamén o levantamento da suspensión a partir do xoves 4 de xuño de 2020.

O Concello reforzará as axudas para a escolarización dos nenos e nenas de familias en dificultades económicas

O Concello de Oleiros incrementará a axuda que se viña prestando a estas familias a través das subvencións de apoio á escolarización para cubrir os gastos do inicio do curso académico: libros, material escolar, roupa, soportes informáticos...

O luns abren campos de fútbol, pavillóns e náuticos municipais

A partir do próximo luns 1 de xuño as diferentes entidades que utilizan as instalacións deportivas municipais poderán comezar a adestrarse seguindo as normas ditadas polo Goberno central. O Concello, en colaboración cos diferentes clubs deportivos, elaborou un protocolo de uso dos recintos deportivos adaptado ás diferentes disciplinas deportivas para evitar riscos de contaxios.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza