Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O sábado celébrase a Festa da Lingua en Santa Cruz

O vindeiro sábado 25 de maio, nas Torres de Santa Cruz celébrase unha xornada ao aire libre con actividades e espectáculos para nenos e nenas a partir de 2 anos. Unha festa para as familias do Apego, onde ademais de poder participar da obra de teatro, dos xogos e do obradoiro musical, haberá unha zona habilitada para comer.

O Concello reitera a Costas que realice as reparacións da súa competencia nas praias de Oleiros

O Concello de Oleiros segue a demandarlle á Dirección Xeral de Costas do Estado que realice a reparación dos accesos ás praias de Santa Cruz e Santa Cristina. É competencia da administración do Estado arranxar as deficiencias existentes nas ramplas destes dous areais de Oleiros.

A cantautora Mabel Flores actúa o sábado na Fábrica

Este sábado Mabel Flores ofrece un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:15 horas. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse a partir das 19:30 horas.

Oleiros acolle un contacontos ilustrado para festexar as Letras Galegas

Contos ilustrados das Letras Galegas é un contacontos para nenos e nenas maiores de 3 anos, onde Enrique Mauricio contará unha historia ambientada na persoa homenaxeada este ano nas Letras Galegas, ademais, Carlos Taboada irá debuxando un panel sobre o conto, e finalizará a actividade coas indicacións dadas por Carlos Taboada, para que os nenos e nenas teñan a ocasión de debuxar coas súas familias un personaxe da historia contada.

O Concello urxe á Deputación o mantemento das beiravías da avenida Emilia Pardo Bazán

As beiravías da avenida Emilia Pardo Bazán, construídas nalgúns tramos recentemente pola Deputación a petición do Concello de Oleiros, atópanse invadidas pola maleza. Os veciños e veciñas desta zona dirixíronse ao Concello para amosar o seu malestar.

O Concello de Oleiros asumirá o enterro de Enrique Garrote

Enrique Garrote Antón, falecido a pasada semana no paseo marítimo de Culleredo, será soterrado previsiblemente mañá pola tarde no cemiterio municipal de Dorneda. Estaba previsto que o enterro se realizara esta mesma tarde pero os trámites xudiciais impedírono.

O Concello de Oleiros homenaxea a Antón Fraguas

O Concello de Oleiros organiza unha ampla programación de actividades para dar a coñecer a figura de Antón Fraguas, o escritor homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano. Ademais das numerosas actividades que se organizarán nas bibliotecas municipais e nas que participarán escolares de todos os centros de ensino público. O Servizo de Normalización Lingüística organizou obradoiros para o alumnado onde a través dos contos e de xincanas o alumnado coñecerá quen era Antón Fraguas.

O Concello organiza unha excursión ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro

A próxima das saídas do programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza será o vindeiro 25 de maio. As persoas participantes van realizar unha ruta de sendeirismo por Cabana de Bergantiños e coñecerán importantes elementos arqueolóxicos.

A Biblioteca Rialeda acolle unha charla sobre fotografía con Antonio Patiño

Mañá venres día 10 de maio, ás 18:30 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a charla Aves da ría do Burgo. O fotógrafo Antonio Patiño será o relator principal desta xornada.

Oleiros seguirá tendo cinco praias con bandeira azul neste verán

Oleiros segue a ter os mellores areais da comarca da Coruña. As praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Mera, Espiñeiro e Naval pendurarán a Bandeira Azul este verán.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza