Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Os obradoiros municipais de teatro celebran as súas mostras de fin de curso

Oleiros, 13 de xuño de 2018-. Os obradoiros municipais de teatro infantil, xuvenil e o de iniciación ao teatro para adultos terán as súas mostras de teatro este sábado no auditorio das Torres de Santa Cruz. A entrada é libre.

A actuación do grupo de teatro infantil e xuvenil terá lugar a partir das 12:00 horas, baixo a dirección de Ramiro Neira. Xa pola tarde, ás 20:30 horas, o grupo de iniciación ao teatro presentará un traballo de creación propia, que leva por título O ladrón de emocións e que dirixe Keke Díez.

Así mesmo, o martes día 19 ás 19:00 horas no mesmo auditorio, o Grupo Estable de Teatro fará un avance da súa obra que ten previsto estrear a finais do mes de novembro.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza