Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O luns abre o prazo para inscribirse ás actividades do Plan de Igualdade

Oleiros, 9 de febreiro de 2018-. O luns abre o prazo para inscribirse nas actividades do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros. A programación está dirixida  ao fortalecemento emocional das persoas participantes para acadar un maior benestar físico e emocional.

O día 28 de febreiro comezará o Obradoiro do Corpo na Casa da Cultura de Perillo. Trátase dunha actividade corporal que persegue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudables e favorecer unha maior vida social.

A partir do 26 de febreiro o Centro cultural A Fábrica acollerá Movemente, un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas.

Luces, cámara... acción! é outra das actividades do Plan de Igualdade. Desenvolverase a partir do 9 de marzo na Fábrica e consiste na exploración das emocións a través da interpretación e da creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando escenas e personaxes de ficción, a construción dun guión que culminará coa gravación dunha peza audiovisual. Este obradoiro está dirixido tanto a mulleres como a homes.

Todas estas actividades están aliñadas coa procura permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combínanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas.

As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza