Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello denuncia que a Xunta non actúa ante a praga de moscas na parroquia de Nós

 Oleiros, 20 de setembro de 2022-. Veciños e veciñas da parroquia de Nós dirixíronse ao Concello de Oleiros para trasladar o seu grande malestar debido á desatención que están a sufrir por parte da Xunta de Galicia que non está a actuar ante unha desmedida praga de moscas. Xa son varios os días nos que se está a padecer esta incómoda situación, tanto na parroquia de Nós como en zonas limítrofes do Concello de Cambre.

Ante as chamadas dos veciños a Xunta de Galicia di que non vai actuar, desatendendo as súas obrigas coa cidadanía. As competencias neste tipo de cuestións medioambientais e sanitarias correspóndenlle á administración autonómica.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza