Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Escola Municipal de Música de Oleiros actúa o sábado en Carballo

Oleiros, 20 de marzo de 2017-. O vindeiro sábado 25 de marzo a Escola Municipal de Música realizará un intercambio co Conservatorio Municipal de Música de Carballo. O intercambio celebrarase coas orquestras e coros de ambos centros.

Primeiramente, os alumnos da Escola Municipal de Oleiros visitarán Carballo, actuando no Pazo da Cultura ás 19:00 horas. Posteriormente, o Conservatorio de Carballo devolverá a visita o día 2 de abril celebrándose un concerto no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, ás 12:00 horas. Con estes intercambios  preténdese achegar ao alumnado experiencias enriquecedoras tanto no ámbito persoal como artístico, fomentando tamén  a convivencia e a colaboración entre o alumnado de ambas escolas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza