Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A compañía Voadora representa o domingo o clásico de Shakespeare Soño dunha noite de verán

Oleiros, 17 de marzo de 2017-. A compañía Voadora presenta o domingo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, adaptado por Marco Layera, e dirixido por Marta Pazos. Diego Anido, Areta Bolado, Jose Díaz, Borja Fernández, Janet Novas, Andrea Quintana, Anäel Snoek e Hugo Torres forman o elenco desta obra de teatro.

A transformación, o desexo sexual e o culto á estética son algúns dos temas sobre os que reflexiona este texto universal e que mantén plena actualidade na sociedade contemporánea. Ademais, ninguén como o bardo inglés para elevar ao máximo expoñente os desexos e paixóns dos personaxes.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas no propio auditorio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza