| NOVAS « Atrás O domingo proxéctase na Fábrica a película Palmeras en la nieveOleiros, 19 de abril de 2017-. O ciclo “Un Oleiros de cine” continúa este domingo coa película Palmeras en la nieve. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme. A película conta a historia de Kilian, que abandona a montaña oscense para iniciar co seu irmán unha viaxe a unha antiga colonia española en Guinea Ecuatorial. Na colonia descubrirán que a vida social é máis pracenteira que na oprimida e gris España do 1953. Vivirán os contrastes entre colonos e nativos e coñecerán o significado da amizade, da paixón, do amor e do odio.
|