Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O día do libro chega a Oleiros con múltiples actividades nas bibliotecas

Oleiros, 19 de abril de 2017-. As bibliotecas municipais de Oleiros acollerán múltiples actividades dirixidas a conmemorar o día do libro: contacontos infantís, obradoiros de diversas temáticas para nenos e nenas, exposicións e lecturas en voz alta.

Para os máis pequenos, ademais das actividades que se desenvolven en horario escolar dirixidas a todos os centros de ensino público, a programación prevista é a seguinte:

BIBLIOTECA RIALEDA. PERILLO
- 20 DE ABRIL: Obradoiro de marcapáxinas para nenas e nenos de 8 a 12 anos,
- 27 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, “Amodiño” por Ramiro Neira.

BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
- 19 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, “Xa chego” con Soledad Felloza.

- 26 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, “Contos para ler entre liñas” con Caxoto.
 
BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ TRINCADO. MERA
- 21 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, “Os ratiños da Caixa” co Rato Fuco.

BIBLIOTECA MARÍA JOSÉ RUSO. DORNEDA
- 24 DE ABRIL: Obradoiros para nenas e nenos maiores de 7 anos, Obradoiro de maxia con Chrystyan Magic.
         
BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
- 21 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, “Boa navegación, capitán!” con Marisa Irimia.

BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. OLEIROS
- 18 DE ABRIL (18:30): Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, “Viaxe a África” con Lilí Gruyere.

BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
- 20 DE ABRIL: Contacontos para nenas e nenos maiores de 4 anos, “Historias encontradas” con Pavís Pavós.

Tamén se desenvolverán durante as vindeiras semanas as seguintes actividades:

-Euro Visións, unha exposición de novelas e películas que retratan un tempo e un lugar: a Europa do século XX. Terá lugar na Biblioteca Central Rialeda durante todo o mes de abril.

-Exposición bibliográfica con motivo do 150 aniversario do nacemento de Rubén Darío e o 200 aniversario do nacemento de José Zorrilla. Realizarase na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda. 
  
-Exposición de obras de autores que recibiron o Premio Cervantes. Terá lugar na Biblioteca Mª José Trincado de Mera, Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós, Biblioteca Manuel María de Oleiros, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda.

-Exposición bibliográfica sobre as principais obras de Cervantes e Shakespeare dirixidas a mozos e adultos. Realizarase na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.

-Carteis informativos sobre as datas que se conmemoran e das figuras de Cervantes e Shakespeare. Terá lugar na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé.

-Mostra fotográfica “Os libros de Nós viaxan contigo”, recompilación de fotos dos nosos/as usuarios/as de todas as idades cun libro nas súas mans, para despois montar na biblioteca un mural. Realizarase na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós.

-Exquisiteces: lecturas a cegas para padais esixentes, realizarase na Biblioteca Central Rialeda durante os días anteriores e posteriores ao 23 de abril, consistirá en recomendacións “a cegas”. A biblioteca ofrecerá obras envoltas e so cunha pequena sinopse sobre a obra, fora do envoltorio.

-E ti...que les?, os usuarios recomendan algún libro que levaran prestado e que lles gustara  especialmente. Para iso terán á súa disposición unhas tarxetas nas que poderán escribir o título e o motivo da súa recomendación. Todas as tarxetas serán expostas na biblioteca. Realizarase na Biblioteca Mª José Trincado de Mera entre os días 18 e 28 de abril e na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé, durante todo o mes de abril.

-O que le, vístese por dentro, faranse recortables en forma de camisetas, saias, e outras prendas de roupa onde os usuarios poderán recomendar un libro. Este material colocarémolo nos diferentes espazos da biblioteca. Terá lugar na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz durante a segunda quincena do mes de abril.

-Colorea os personaxes do Quixote, facilitaranse debuxos destes personaxes aos nenos e ás nenas que participen. Realizarase na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda durante a segunda quincena do mes de abril.

-Libros + Libros, todos/as os/as usuarios/as que leven libros en préstamo durante a 2º quincena de abril, serán agasallados pola Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz cun libro sorpresa.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza