Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros ofertará 9 cursos de formación para persoas en situación de desemprego

Oleiros, 28 de xullo de 2017-. A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 317.965,50 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 9 programas formativos que comezarán entre os meses de setembro e outubro.

Os cursos que se van impartir son os seguintes: cociña, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, instalación de mobles, montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega, competencia matemática, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e auxiliar en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

As clases vanse impartir nos Centros Municipais de Formación Isaac Díaz Pardo e  A Carballeira.  Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia. As persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, 981 610 319 e cmf@oleiros.org.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza