Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Máis de 550 maiores reinician as actividades de envellecemento activo

Oleiros, 12 de setembro de 2017-. Un total 557 persoas repartidas en 29 grupos de memoria, ximnasia e ioga inician estes días as actividades do programa de envellecemento activo en todas as localidades do Concello de Oleiros. As ACTIVIDADES 60+ están dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no municipio.

A actividade con maior número de participantes é a de memoria con 224 persoas, seguida pola de ximnasia con 217 e de ioga, con 116. As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais en persoa ou ben telefonicamente a través do 981 610 000.

O Programa de Envellecemento Activo da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros ten diversas intervencións encamiñadas ao mantemento dunha vida activa e plena da poboación maior de 60 anos. Dentro deste programa realízanse as ACTIVIDADES 60+: un amplo programa que procura mellorar a condición física, social e cognitiva das persoas maiores.

As actividades deste programa desenvólvense en tres áreas de intervención:

- Talleres de ximnasia: exercicios de equilibrio, coordinación, axilidade, flexibilidade, forza, resistencia e velocidade…dirixidos a manter unha condición física que proporcione autonomía na vida diaria

- Talleres de ioga e relaxación: preparación corporal, posturas de ioga, exercicios respiratorios, expresión corporal, flexibilidade, eliminación de tensións... co obxectivo de manter o necesario equilibrio e un maior autocoñecemento do noso corpo.

- Talleres de memoria: cun dobre obxectivo de adestramento cognitivo e de recuperación da memoria histórica. Neste programa coordínanse e dinamízanse uns proxectos de intervención  que baixo o nome de “Oleiros na memoria” encárganse de recoller documentación da memoria histórica, fotografías, anécdotas, lendas, vivencias, revisións bibliográficas; entrevistan nos seus domicilios a persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e que contan con capacidade para contar as súas vivencias; e desenvolven charlas nos centros educativos de primaria para trasladar as vivencias da súa infancia e contarlles historias relacionadas coa súa vila aos nenos e nenas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza