Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza un obradoiro para mulleres sobre educación afectivo sexual

 Oleiros, 13 de setembro de 2021-. O obradoiro Un pracer coñecerme é unha actividade municipal dirixida a mulleres que ten como principais obxectivos previr, sensibilizar, asesorar e difundir cuestións relacionadas coa educación afectivo sexual. Trátase de posibilitar un espazo de reflexión onde as relacións estean baseadas na igualdade, o respecto e a responsabilidade; identificar os roles e mandatos asociados á sexualidade e a súa interiorización; desenvolver actitudes de bo trato nas interaccións eróticas; ampliar o mapa erótico corporal,...

As persoas interesadas en participar no obradoiro Un pracer coñecerme poderán inscribirse na Sede Electrónica. O prazo irá desde este xoves 16 de setembro ás 8:00 horas ata o día 19 de setembro.
 
Esta actividade desenvolverase, no salón de actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo durante todos os mércores, desde o 22 de setembro ata o 15 de decembro. As sesións irán de 19:00 a 21:00 horas. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza