Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alumnado do Colexio Parga Pondal pon en marcha unha campaña de concienciación medioambiental

Oleiros, 1 de decembro de 2017-. Os 430 alumnos e alumnas do Colexio Parga Pondal de Santa Cruz asinaron un contrato de coidado do planeta, dentro dunha campaña de concienciación posta en marcha desde este centro de ensino público. O proxecto pretende concienciar a poboación sobre a importancia da reciclaxe, o aforro de auga e o respecto ao medio ambiente en xeral.

O alumnado está a realizar patrullas de limpeza nas que se recollen plásticos e papeis que están tirados, hai obradoiros... O vindeiro luns sairán ás rúas de Santa Cruz para concienciar á veciñanza e teñen previsto decorar árbores con imaxes de axuda e entregar adhesivos informativos, entres outras cousas. Tamén recibirán unha árbore do Concello de Oleiros para que a planten no patio do colexio.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza