Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza unha excursión para percorrer o tramo do Camiño de Santiago entre Arzúa e Arca

Oleiros, 14 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros organiza para o sábado 3 de marzo unha ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago, no tramo que vai desde Arzúa ata Arca, no concello do Pino. O prazo de inscrición xa está aberto e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

A  ruta comprende saída de Arzúa e o paso pola capela da Madalena, o campo da feira, a praza de Galicia; os lugares de Calzada, A Rúa e Ferreiros; a Ermida de Santa Irene e O Pedrouzo. Tamén se realizará unha visita ao Museo vivinte do mel “O enredo do abelleiro” de Portodemouros. A distancia a percorrer é de 19 km e está cualificada como de dificultade baixa.

A excursión está pensada para un público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores, sempre e cando asistan acompañados dunha persoa adulta. O prezo é de 22 euros.

Para apuntarse e obter máis información é preciso dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono -981 636 598- ou do correo electrónico -
cultura@oleiros.org-.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza