Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Goberno municipal reivindica o dereito á autodeterminación do pobo saharauí e condena o ataque de Marrocos

O ataque bélico perpetrado polo Reino de Marrocos ao pobo saharuí o pasado día 13 supón unha violación ao alto ao fogo do Sáhara e aborta calquera esforzo encamiñado á celebración do referendo de autodeterminación, acordado hai 29 anos entre ambas partes.

O Concello de Oleiros alegará contra a pegada sonora do aeroporto de Alvedro

O Concello de Oleiros presentará un recurso xeral contra a pegada sonora que recolle o conxunto de vivendas e solares afectados, nas zonas do Seixo e Montrove. Esta actuación municipal non impide que calquera persoa propietaria afectada a nivel individual tamén presente o seu correspondente recurso antes do 4 de decembro ante a Dirección Xeral de aviación civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana.

O Barquiño de pau, teatro para menores de 6 anos este sábado na Fábrica

Este sábado día 28 de novembro, ás 18:30 horas, chega á Fábrica a Tropa de Trapo coa función Barquiño de pau: teatro de obxectos e música para a primeira infancia no que as crianzas explorarán os sentidos dunha maneira amena. Trátase dunha actividade do programa Apego recomendada para nenos e nenas de 0 a 6 anos.

#camiños, unha das obras máis divertidas e sorprendentes da escena teatral, este domingo no García Márquez

A compañía ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra #camiños. Noelia Blanco, Noa Covelo e Celina Fernández forman o elenco desta obra de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira.

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

Un ano máis, o proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros foi seleccionado pola Comisión de Valoración da XX Campaña María Moliner do Ministerio de Cultura y Deporte.

O Concello organiza cursos de uso de redes sociais para persoas maiores

O luns 23 de novembro abre o prazo de inscrición para cursos de "Redes sociais" dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta destes cursos está enmarcada dentro do programa de "Alfabetización dixital" organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

O Concello inviste 2,5 millóns en políticas sociais para combater os efectos da crise nas familias

O coronavirus está a ocasionar unha grave crise económica e social da que o pobo de Oleiros non é alleo. Para afrontar esta adversa situación e garantir que ningunha familia quede desamparada, o Concello está a empregar todos os medios dos que dispón, investindo 2,5 millóns de euros neste 2020 en políticas sociais, que se verán incrementados no vindeiro ano ante a previsión de que a situación poida agravarse.

Espectáculo de maxia de Martín Camiña, este domingo na Fábrica

Martín Camiña presenta este domingo o seu espectáculo Novos feitizos e novas ilusións no Auditorio da Fábrica, dirixido a todos os públicos. Haberá dous pases, un ás 17:00 horas e outro ás 18:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 16:00 horas, a 2,50 euros.

Concerto de Cimarron String Trío, este venres na Fábrica con dous pases

O grupo de jazz Cimarron String Trío ofrece un concerto este venres no Auditorio da Fábrica. Haberá dous pases, un ás 19:00 horas e outro ás 20:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 18:00 horas, a 3,50 euros.

O orzamento do Concello para o 2021 ascende a 32,4 millóns, cun forte incremento do gasto social

O pleno municipal aprobou o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2021, que se incrementa nun 2,14% en relación ao do anterior, acadando 32.474.000 euros. O 41% dos recursos destinaranse a bens correntes e servizos básicos, para fortalecer aínda máis os investimentos en políticas sociais, ante a adversa situación social e económica provocada pola pandemia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza