| | NOVASO Concello oferta servizo de bus gratuíto para asistir á festa do entroidoOleiros, 22 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros ofrece un servizo de autobuses gratuíto para as persoas que queiran desprazarse á festa do entroido 2012 que se celebra este venres día 24 a partir das 18.00 horas no pavillón municipal de Santa Cruz. Serán un total de seis autobuses os que percorrerán as localidades de Oleiros e trasladarán á xente ata a mesma porta do pavillón onde se celebra a festa. Empezarán a saír ás 17:45 h e a volta está prevista ao remate da festa, ás 22:15 h. Oleiros reparte 2.700 euros en premios na festa do entroido do próximo venres 24Oleiros, 20 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros repartirá 2.700 euros en premios no concurso de disfraces que se celebrará na festa de entroido. Neste concurso, que terá lugar o próximo venres 24 de febreiro no pavillón municipal Arsenio Iglesias de Santa Cruz, poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. García Seoane destaca a importancia de convocar o pleno da MancomunidadeOleiros, 16 de febreiro de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, destacou esta mañá a importancia que ten para o municipio a convocatoria do pleno da Mancomunidade, xa que esta sesión permitiría disolver oficialmente o ente en desuso. Deste modo, a débeda que algúns concellos da área metropolitana manteñen co Concello de Oleiros, debido á xestión que este levou a cabo no ano 2000 para a creación dun servizo de recollida de lixo consorciado podería ser liquidada. Oleiros celebra o Entroido dos Maiores o próximo venres día 24Oleiros, 15 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros celebrará o Entroido dos Maiores o próximo venres día 24 a partir das 18.00 horas no pavillón polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Oleiros organiza esta festa desde hai 18 anos co fin de manter e gozar desta cita tan enraizada na nosa cultura e tradición. Unha das particularidades desta festa, é a colaboración de forma voluntaria de persoas procedentes do tecido asociativo de Oleiros. Son homes e mulleres que colaboran co Concello na atención ás persoas maiores que participan na festa. Oleiros pon en marcha un Programa de prevención da obesidade e o sedentarismo na poboación xuvenilOleiros, 13 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros pon en marcha un novidoso programa de prevención da obesidade e o sedentarismo entre escolares dos centros educativos do municipio. As actividades comezarán no IES María Casares de Bastiagueiro co alumnado de 1º e 2º da ESO, onde os técnicos municipais levarán a cabo un estudo antropométrico para obter datos do índice de masa corporal. A Biblioteca Central Rialeda acolle un obradoiro de creación literariaOleiros, 13 de febreiro de 2012-. Mañá martes 14 de febreiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, comezará un Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane. Está dirixido a mozas e mozos maiores de 15 anos e público adulto en xeral. As sesións realizaranse todos os martes ata completar un total de dez. Debido a que son prazas limitadas é imprescindible inscribirse na biblioteca chamando ao teléfono 981 639 511 ou a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org. O Concello dotará de iluminación pública a zona do Río do Seixo, na rúa Viñas de BabiloniaOleiros, 10 de febreiro de 2012.- O Goberno local dotará de iluminación pública a zona do Río do Seixo, na rúa Viñas de Babilonia. Esta zona quedara sen iluminación desde que a Xunta fixera unhas obras de mellora da estrada que vai a Mera. O Goberno local reutilizará farois retirados da obra da ampliación da N-VI que realiza o Ministerio de Fomento para mellorar de inmediato a iluminación nesta zona tan transitada entre Dorneda e Santa Cruz. Os contedores subterráneos de Santa Cristina comezarán a funcionar o próximo luns día 13Oleiros, 10 de febreiro de 2012-. Os contedores subterráneos que o Concello de Oleiros instalou na avenida Santa Cristina comezarán a funcionar o próximo luns día 13 de febreiro. Este soterramento de contedores de lixo realizada polo Goberno local mellora sensiblemente a calidade de vida neste núcleo de Perillo. As condicións de recollida e almacenamento temporal de refugallos transformáronse por completo con estes traballos. Así mesmo, logrouse mellorar esteticamente este turístico lugar do municipio. O Concello de Oleiros organiza o pase do espectáculo teatral Montaxe, de Gorka GansoOleiros, 10 de febreiro de 2012-. O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle mañá sábado 11 de febreiro a partir das 20:30 horas o pase da traxicomedia Montaxe, dirixida polo dramaturgo Gorka Ganso e que se inclúe no xénero cualificado como novo circo. O prezo da entrada está fixado en 2,5 euros. A venda empeza ás 19.30 horas e despacharanse entradas ata completar a capacidade da sala. O programa Ler para saber organiza mañá unha charla sobre enerxías renovablesOleiros, 9 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros, dentro do programa de actividades Ler para Saber, organiza mañá venres 10 de febreiro unha charla sobre enerxías renovables. O simposio celebrarase na Biblioteca Central Rialeda de Perillo ás 18.30 horas. A actividade, orientada a mozos e mozas e público en xeral, correrá a cargo do doutor Óscar Cabeza Gras, profesor do departamento de Física da Universidade da Coruña. | ||