Conxunto de atencións domiciliarias con carácter personalizado, polivalente e público. O contido das atencións que compoñen o servizo e único e integral. Atención de carácter persoal, de carácter doméstico e de carácter socioeducativo.A temporalidade e a intensidade das atencións varían en función das situación de limitación da autonomía persoal ou da dependencia.
Subvención por parte do Concello de Oleiros do importe que lle corresponde asumir, á persoa solicitante, no coste das medicacións que, pautadas polo seu médico de cabeceira ou especialista, precisa en tratamentos médicos continuos de enfermidades crónicas.
Prestación en especie na que a través dun lote de alimentos pechado, que se entrega, temporalmente, de forma mensual, pretende axudar a aquelas unidades familiares desfavorecidas a cubrir as súas necesidades básicas de alimentación.
Son prestacións económicas non periódicas de carácter extraordinario e de pagamento único, cun carácter finalista, dirixidas a paliar situacións carencias graves e urxentes relacionadas coa cobertura de necesidades básicas que non é posible resolver mediante a tramitación doutras axudas ou prestacións.
Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivada da idade, a enfermidade ou discapacidade, e ligadas a falta ou a perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención ou doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar ABUD ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de apoios a súa autonomía persoal.