NOVAS365 persoas maiores de 60 anos xa se inscribiron para participar nas rutas de excursionismo para maiores, Galicia en Letras, que organizan os Servizos Sociais do Concello de OleirosOs veciños e as veciñas de Perillo, Montrove, Oleiros, Iñás e Sta Cruz xa se inscribiron para participar nas rutas de excursionismo que a Concellería de Servizos Sociais organiza para os maiores de 60 anos de Oleiros . Nesta semana poderán inscribirse as persoas das localidades de Dorneda e Maianca, a semana próxima serán os veciños e veciñas de Serantes, Dexo e Lorbé os días 17,18 e 19 de Abril e por último os veciños de Nos os días 20,23 e 24 de Abril. O luns 26 de Marzo ábrese o prazo de inscrición das rutas de excursionismo para maiores, Galicia en Letras. O escritor Xosé Neira Vilas participará na Fábrica na presentación do programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores, "Galicia en letras"Neste próximo xoves, 15 de Marzo,as 18:00 da tarde no auditorio de A Fábrica, a concellería de Servizos Sociais vai a presentar a poboación maior do Concello de Oleiros,"GALICIA EN LETRAS" a nova edición do programa Ven e Descubre na que a liña temática vai ser a nosa terra e as figuras da literatura galega. Mais seguridade para os maiores de Oleiros Entroido 2012Desde hai dezaoito anos o Concello de Oleiros vén organizando a festa do Entroido para os nosos maiores, á que asisten todos e todas os veciños e veciñas, co fin de manter e gozar desta festa tan enraizada na nosa cultura e tradición. Este ano a "Festa do Entroido" terá lugar o próximo venres 24 de febreiro e trasladase ao pavillón Arsenio Iglesias da localidade de Santa Cruz. A pesar do cambio de ubicación o programa da festa seguirá a ser o mesmo que outros anos, adicada a todas as persoas que desexen festexar o Entroido e cunha mirada especial aos nosos maiores. Comezará ás 18:00 h e ten previsto rematar contra as 22:15 h. Ao longo da tarde haberá diversas actividades entre as que se atopan a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces, con importantes premios, e unha merenda con chocolate quente e churros para as persoas maiores. Tampoco faltará a "actuación sorpresa" que cada ano agardan os veciños e veciñas de Oleiros e protagoniza o alcalde Angel García Seoane. Haberá tamén un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá todas as localidades desde as 17:45 h para trasladar as persoas que o desexen ata a polideportiva de Santa Cruz. |
|