Presentación
O Artigo 25.1 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, determina as competencias municipais,concretamente en materia de sanidade sinala no apartado f) a Protección do Medio Ambiente, no que inciden diversas normas como o Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas,Insalubres e Perigosas de 30 de Novembro de 1961, aplicable as licencias de apertura de establecementos, e tamén a Lei 14/1986, de 25 de Abril, Xeral de Sanidade.
Por outra banda, no apartado h) da mesma Lei 7/1985, atribúe os Concellos a Protección da salubridade pública, a esta competencia refírese o Artg. 42 da mentada Lei 14/1986, Xeral de Sanidade, como veremos mais adiante.
Desperdigadas entre a lexislación sectorial poden encontrarse outras normas relacionadas ca salubridade pública como, por exemplo, o disposto na Lei 22/1988, de 28 de Xullo, de Costas, en coio Artg. 115 atribúe os Concellos a limpeza das praias e o seu mantemento en condicións de hixiene e salubridade.
Agora vamos a sinalar as competencias que o Art. 42 da Lei Xeral de Sanidade outorga os Concellos:
- Control sanitario do medio ambiente: Contaminación atmosférica, abastecemento de augas, saneamento de augas residuais, residuos urbanos e industriais.
- Control sanitario de industrias, actividades e servizos, transportes, ruídos e vibracións.
- Control sanitario de edificios e lugares de vivendas e convivencia humana, especialmente dos centros de alimentación, perruquerías, saunas e centros de hixiene persoal, hoteis e centros residenciais, escolas, campamentos turísticos e areas de actividade físico deportivas e de recreo.
- Control sanitario da distribución e suministro de alimentos, bebidas e demais produtos, directa ou indirectamente relacionados co uso e consumo humanos, asi como os medios de transporte.
- Control sanitario dos cemiterios e policía sanitaria mortuoria.
Así tamén, o Paragrafo 4 desta Lei 14/1986, establece que para o desenrolo destas funcións os Concellos deberán recabar o apoio técnico do persoal e medios das Areas de Saúde en coia demarcación esten comprendidos.