NOVASEntroido 2012Desde hai dezaoito anos o Concello de Oleiros vén organizando a festa do Entroido para os nosos maiores, á que asisten todos e todas os veciños e veciñas, co fin de manter e gozar desta festa tan enraizada na nosa cultura e tradición. Este ano a "Festa do Entroido" terá lugar o próximo venres 24 de febreiro e trasladase ao pavillón Arsenio Iglesias da localidade de Santa Cruz. A pesar do cambio de ubicación o programa da festa seguirá a ser o mesmo que outros anos, adicada a todas as persoas que desexen festexar o Entroido e cunha mirada especial aos nosos maiores. Comezará ás 18:00 h e ten previsto rematar contra as 22:15 h. Ao longo da tarde haberá diversas actividades entre as que se atopan a actuación da orquestra Os Satélites, o concurso de disfraces, con importantes premios, e unha merenda con chocolate quente e churros para as persoas maiores. Tampoco faltará a "actuación sorpresa" que cada ano agardan os veciños e veciñas de Oleiros e protagoniza o alcalde Angel García Seoane. Haberá tamén un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá todas as localidades desde as 17:45 h para trasladar as persoas que o desexen ata a polideportiva de Santa Cruz. Concurso de disfraces Entroido 2012Para festexar o Entroido a Concellería de Servizos Sociais organiza un ano máis o "Concurso de disfraces" Neste concurso que se celebrará o próximo venres 24 de Febreiro na polideportiva municipal Arsenio Iglesias de Sta Cruz, poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. Os disfraces poderán concursar en dúas categorías, grupos o individual. Valorarase a creatividade, posta en escena, orixinalidade, calidade na confección e as características dos materiais utilizados, ademais valorarase aqueles disfraces onde o conxunto de todos estes elementos sexa representativo do espírito festeiro do Entroido. Mais seguridade para os maiores de Oleiros Contos do MundoActividade multicultural dirixida a promover valores como o respeto, a solidariedade e a equidade de xénero. Data: 1 de decembro Hora: 18:00 h Lugar: Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, urbanización Dos Regos Dirixida a: nenos e nenas de 5 a 8 anos residentes no Concello de Oleiros. Límite de participantes: 40 prazas É imprescindible para poder participar que se inscriban previamente no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, en persoa ou ben a través do teléfono 981 610 000, extensión 3118. O Concello de Oleiros ofrece aos familiares coidadores de enfermos con dependencia talleres de formación nos que poden adquirir coñecementos sobre a enfermidade e como se debe actuar.O Concello de Oleiros, baixo o nome de "Convivir coa Demencia", programa para os días 23 e 30 de novembro dúas actividades encamiñadas a coñecer máis a fondo esta enfermidade. A demencia é unha patoloxía que afecta a varias funcións cerebrais en un grado tal que altera a capacidade para desempeñar tarefas que con anterioridade realizaba autonomamente (recordar, orientarse, conversar, manexo dos cartos, vestirse, camiñar...) e que ten un forte impacto nas familias. Por iso, o traballo cos familiares que conviven coas persoas con demencia é tanto ou mais importante que o que se presta directamente ao enfermo. |
|