Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS OBRADOIROS OCUPACIONAIS

  Despois do período de inscrición o  Concello de Oleiros  publica a listaxe de persoas admitidas para participar nos “Obradoiros de expresión artística e artesanal” que se...

O martes abre o prazo para solicitar praza nas actividades de encaixe, artesanía téxtil, manualidades e acuarela

Do 2 ao 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites on line dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas, ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro.

O Voluntariado de Oleiros organiza a semana solidaria

O vindeiro 5 de decembro é o día do Voluntariado e dende Oleiros o grupo de voluntarios e voluntarias organizan distintos actos dirixidos a dar a coñecer toda a súa actividade, así como a potenciar algunhas das que veñen levando a cabo dende fai anos. A primeira acción será este mesmo sábado, 25 de novembro, cunha recollida durante todo o día de produtos de nadal e de limpeza no GADIS de Bastiagueiro destinados ao Banco Solidario, un proxecto que desenvolve unha intensa actividade durante todo o ano con campañas de recollidas extraordinarias e coa campaña de reparto de alimentos excedentes da Unión Europea. Un esforzo importante co que complementan as actuacións que se levan a cabo dende o Departamento de Servizos Sociais. O mércores 29 de novembro, ás 20:00 h, na Fábrica de Santa Cristina, se inaugura unha exposición de pintura por parte de Maria Rodríguez Rey, quen doará parte dos fondos recadados na dita exposición a proxectos do Voluntariado de Oleiros. O xoves 30 terá lugar a II Asemblea Xeral do Voluntariado de Oleiros, un espazo no que todas as persoas que forman parte do voluntariado debaten e analizan as actuacións desenvoltas ao longo de todo o ano 2017 e se planifican do ano seguinte. E finalmente, como remate desta semana solidaria, terá lugar o Festival do Voluntariado de Oleiros, o venres 1 de decembro, ás 19.30 h, no Auditorio da Fábrica en Santa Cristina. Un acto no que se combinará a exposición dos numerosos proxectos que se desenvolven dende o Voluntariado de Oleiros: Banco Solidario, acompañamento de persoas maiores, apoio escolar, ocio e tempo libre con persoas discapacidade...., acompañado da actuación musical da Coral Airiños de Nós e dunha sesión de narración oral a cargo de Ramiro Neyra, no que os contos tratarán dos valores nos que se apoia e sustenta o voluntariado, en definitiva, un espectáculo dirixido a toda a familia, maiores e pequenos, ao que animamos a acudir a todas as veciñas e veciños interesadas en coñecer a acción do Voluntariado de Oleiros e a pasar un bo rato.

Curso de "Manexo de tablets e móbiles para persoas maiores

  O Servizos Sociais do Concello de Oleiros organiza un curso  de   Manexo de tablets e móbiles para as persoas maiores de 60 anos . O participante conseguirá habilidades...

OLEIROS PON EN MARCHA UN OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros leva varios anos traballando para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras a través dos grupos Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade... Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapeútico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer "normais" moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas. Tamén adquiren habilidades para enfrontarse a eses problemas e voltar a desfrutar a vida sen deixar de atender e coidar so seus seres queridos. Este obradoiro chamado Descubrindo emocións que se inicia o próximo 30 de outubro durará ata o 18 de decembro, en 8 sesións semanais de hora e media. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza