Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

"Sabor a historia" a nova edición do programa de excursionismo e sendeirismo "Ven e descubre"

Desde o 3 de abril as persoas maiores de 60 anos de Oleiros poden xa inscribirse no programa "Ven e descubre": un programa COÑECER, ESCOITAR, APRECIAR, DISFRUTAR E REFLEXIONAR sobre diferentes lugares da xeografía galega. Para este ano se ofrece un programa con "Sabor a historia" onde se coñeceran lugares onde aconteceron feitos da historia de Galicia de grande relevancia VEN E DESCUBRE non é un programa de paseos, e un programa de VIDA, dinámico, onde se crea un espazo para compartir. Cada visita e unha proposta de inmersión na contorna, na paisaxe, na historia, na economía, nas persoas que alí viven. E unha viaxe acompañada na que os guías provocan, suxiren e seducen para que os participantes desexen coñecer e compartir os coñecementos. Este programa que leva 21 anos funcionando convoca aos participantes a viaxar en dous formatos diferenciados. A través de rutas denominadas de "excursionismo" nas que se trasladan en autobús e realizan pequenos paseos e visitas guiadas, e a segunda opción e a denominada "sendeirismo" onde se realiza a ruta camiñando a través dun sendeirismo interpretativo.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN OBRADOIRO DE CRECEMENTO PERSOAL A TRAVÉS DO AUDIOVISUAL

Dentro das actividades desenvoltas polo Concello de Oleiros a través do Plan de Igualdade desenvolveuse o ano pasado unha experiencia innovadora na que se traballaban as emocións a través do audivisual. Este obradoiro desenvolto a través desta novedosa metodoloxía acadou moi bos resultados e supuxo unha mellora no benestar emocional de todas as persoas participantes ademáis dunha actividade moi gratificante, Dado o éxito da actividade, baseándose nesta forma de traballo, abrese o prazo para un novo obradoiro denominado "OBXECTIVO EU", co obxectivo de traballar as fortalezas e as debilidades, ter un maior autocoñecemento e iniciar un proceso de mellora. O proceso creativo dun audiovisual da nosa imaxe sírvenos de ferramenta para acadar o obxectivo: a mellora de cada un das persoas participantes co fin de conseguir o maior benestar posible. Divídese en dúas fases: ¿ 1ª fase: "ENFOCAMOS" do 17 de marzo ao 30 de xuño. Centrada en recoñecer aqueles aspectos que quere acadar cada persoa, o que necesita. ¿ 2ª fase: "PONTE EN ESCENA" do 15 de setembro ao 22 de decembro. Co obxectivo de chegar a ter ou ser o que se visualiza na primeira fase. A actividade vaise desenvolver os venres, en horario de 10:30 a 13:00 horas, no Centro Municipal de Formación.

VOLTAN AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

Mañá xoves, 25 de xaneiro, abrese o prazo de inscrición para dúas actividades que se desenvolven baixo o marco do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros: os "Obradoiro do corpo" e o "Obradoiro de danza espello" As prazas para estes obradoiros son limitadas polo que se abre un prazo de inscrición dende mañá ata o 2 de febreiro, con posterioridade se fará un sorteo para adxudicar as prazas no suposto de haber mais solicitantes que prazas disponibles. As solicitudes poden descargarse da web municipal ou collelas en persoa nas dependencias de Servizos Sociais, posteriormente deberán presentarse no rexistro do Concello de Oleiros antes de que remate o prazo de inscrición.

A partir do 9 de xaneiro 211 persoas retoman as clases nos obradoiros de expresión artística de Servizos Sociais

O alumnado inscrito nos obradoiros de expresión artística do programa de Actividades Ocupacionais de Servizos Sociais iniciarán as clases a partir do lúns 9 de xaneiro. Son 211 persoas que participarán en 16 obradoiros nas diferentes localidades de Oleiros . Para formalizar a matricula as persoas admitidas deberán acudir entre o 9 e 13 xaneiro as oficinas de Servizos Sociais para confirmar a praza e facer o pago da matricula correspondente.

Do 2 ao 4 de xaneiro ábrese o prazo para cubrir as prazas vacantes nas "Actividades ocupacionais " de Servizos Sociais

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición para cubrir as vacantes nos "Obradoiros de expresión artística e artesanal" que se desenvolven dentro da programación de "Actividades Ocupacionais de Servizos Sociais". Son un total de 34 prazas distribuídas nos seguintes talleres: (13 prazas de "Encaixe", 3 prazas de "Tapiz", 6 prazas de "Manual", 10 prazas de "Acuarela", 2 prazas de "A Pintar") Para poder participar as persoas interesadas deben estar empadroadas no Concello de Oleiros e ter cumpridos os 16 anos. Poderán realizar a solicitude de praza desde o 2 ao 4 de xaneiro, a través do rexistro electrónico na páxina web municipal www.oleiros.org, ou ben acudir as oficinas de Servizos Sociais na localidade de Oleiros. As persoas que xa dispoñen de praza deberán acudir do 9 ao 13 de xaneiro ás oficinas de Servizos Sociais para confirmar a praza e facer o pago da matrícula correspondente.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza