Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

Curso de "Manexo de tablets e móbiles para persoas maiores

  O Servizos Sociais do Concello de Oleiros organiza un curso  de   Manexo de tablets e móbiles para as persoas maiores de 60 anos . O participante conseguirá habilidades...

OLEIROS PON EN MARCHA UN OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros leva varios anos traballando para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras a través dos grupos Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade... Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapeútico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer "normais" moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas. Tamén adquiren habilidades para enfrontarse a eses problemas e voltar a desfrutar a vida sen deixar de atender e coidar so seus seres queridos. Este obradoiro chamado Descubrindo emocións que se inicia o próximo 30 de outubro durará ata o 18 de decembro, en 8 sesións semanais de hora e media. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

MAIS DE 600 PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS PARTICIPARON NA XXI EDICIÓN DO PROGRAMA VEN E DESCUBRE

"Ven e Descubre" é un programa dirixido as persoas maiores de 60 anos veciñas do Concello de Oleiros que consiste na realización de rutas encamiñadas ao coñecemento do entorno. O obxectivo da actividade é estimular nos nosos maiores o desexo de afondar no coñecemento do que lles rodea, a través dun proceso educativo e social que favoreza o desenvolvemento persoal e social. O alto interés amosado en todas as visitas e explicacións proporcionadas polo equipo de guías, así como o ambiente de camadarería e compañeirismo que se respira, fai desta actividade un dos programas mellor valorados dentro de todo o conxunto de actividades que se desenvolven dende a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros para fomentar un envellecemento activo.

PUBLICADOS LISTAXES DE ACTIVIDADES OCUPACIONAIS E DOS OBRADOIROS DE DISCIPLINA POSITIVA E COMUNICACION NA FAMILIA

Xa poden consultarse nos documentos en pdf ao pé desta noticia os listados de persoas admitidas en todas as actividades ocupacionais que se desenvolven dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (encaixe, fai a túa roupa, pintura...), así como a lista de espera. Recordar que as persoas que teñen praza nas actividades ocupacionais poden pasar a recoller o documento de pago polas dependencias de Servizos Sociais dende hoxe ata o 26 de setembro, data na que remata o período de pagamento. Por outra banda tamén publicamos as listaxes das persoas admitidas nos Obradoiros de Comunicación e xestión emocional no entorno familiar, así como nos Obradoiros de Disciplina Positiva. Sinalar que debido ao elevado número de persoas que solicitaron participar neste último obradoiro, o de disciplina positiva, decidiuse facer un novo grupo para os martes no mesmo horario e no mesmo lugar. Calquera dúbida poden contactar con nós no 981 610 000

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

29 grupos de memoria, ximnasia e ioga incian as actividades do programa de envellecemento activo en todas as localidades do Concello de Oleiros Este pasado luns, 11 de setembro, reinciáronse as actividades 60+ de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros que organiza a concellería de Servizos Sociais e desenvolvense en todas as localidades do municipio. Son un total de 557 persoas as que participan a través de 29 grupos: 11 de memoria, 11 de ximnasia e 7 de ioga. A media de participantes por actividade é de 19 persoas. A actividade con maior número de participantes é a de memoria con 224 persoas, seguida pola de ximnasia con 217 e finalmente a de ioga, con 116. Na actualidade en prácticamente todos os grupos hai unha pequeña lista de espera, non obstante sempre se producen pequenos axustes ao principio de cada curso e se irá chamando ás persoas en agarda a medida que se produzcan vacantes, tampouco se descarta a posibilidade de crear un grupo novo dalgunha actividade se hai unha lista de espera é moi numerosa. As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais en persoa ou ben telefónicamente a través do 981 610 000.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza