Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

PUBLICADOS LISTAXES DE ACTIVIDADES OCUPACIONAIS E DOS OBRADOIROS DE DISCIPLINA POSITIVA E COMUNICACION NA FAMILIA

Xa poden consultarse nos documentos en pdf ao pé desta noticia os listados de persoas admitidas en todas as actividades ocupacionais que se desenvolven dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (encaixe, fai a túa roupa, pintura...), así como a lista de espera. Recordar que as persoas que teñen praza nas actividades ocupacionais poden pasar a recoller o documento de pago polas dependencias de Servizos Sociais dende hoxe ata o 26 de setembro, data na que remata o período de pagamento. Por outra banda tamén publicamos as listaxes das persoas admitidas nos Obradoiros de Comunicación e xestión emocional no entorno familiar, así como nos Obradoiros de Disciplina Positiva. Sinalar que debido ao elevado número de persoas que solicitaron participar neste último obradoiro, o de disciplina positiva, decidiuse facer un novo grupo para os martes no mesmo horario e no mesmo lugar. Calquera dúbida poden contactar con nós no 981 610 000

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

29 grupos de memoria, ximnasia e ioga incian as actividades do programa de envellecemento activo en todas as localidades do Concello de Oleiros Este pasado luns, 11 de setembro, reinciáronse as actividades 60+ de envellecemento activo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros que organiza a concellería de Servizos Sociais e desenvolvense en todas as localidades do municipio. Son un total de 557 persoas as que participan a través de 29 grupos: 11 de memoria, 11 de ximnasia e 7 de ioga. A media de participantes por actividade é de 19 persoas. A actividade con maior número de participantes é a de memoria con 224 persoas, seguida pola de ximnasia con 217 e finalmente a de ioga, con 116. Na actualidade en prácticamente todos os grupos hai unha pequeña lista de espera, non obstante sempre se producen pequenos axustes ao principio de cada curso e se irá chamando ás persoas en agarda a medida que se produzcan vacantes, tampouco se descarta a posibilidade de crear un grupo novo dalgunha actividade se hai unha lista de espera é moi numerosa. As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais en persoa ou ben telefónicamente a través do 981 610 000.

OLEIROS PON EN MARCHA DOUS NOVOS OBRADOIROS PARA MELLORAR AS RELACIONS FAMILIARES

O xoves 14 de setembro ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros dirixidos ás familias de Oleiros con menores co obxetivo de prevenir e reducir os conflitos na convivencia diaria. A metodoloxía proposta para estes obradoiros é vivencial, participativa e divertida, con dinámicas nas que aprender sexa algo divertido e constructivo, e nos que, sesión tras sesión, poidan recoñecer os avances acadados coa aplicación dos coñecementos adquiridos. As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado Cidadáns e Empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 h. As prazas se adxudicarán por orden de inscrición.

Prazas vacantes en actividades ocupacionais

A partir do 11 de setembro e ata o día 18 inclusive, ábrese o prazo para  solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais, organizadas dende a concellería de Servizos Sociais...

A SEMANA QUE VEN REINÍCIANSE AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

Existen prazas disponibles no Obradoiro do Corpo de actividade física e no Obradoiro "Obxectivo Eu" de fortalecemento emocional a través do audiovisual Durante todo o ano o Concello de...

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza