Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización

O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

O IMPORTANTE PAPEL DAS REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA A DEBATE

As redes sociais son o lugar preferido para o ocio do 90% da mocidade. É fundamental que as familias teñan información para prevenir moitos dos problemas no futuro. O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada "REDES SOCIAIS E ADOLESCENCIA. QUÉ ESTÁ A PASAR?" O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizan dende os centros educativos para as familias, nin as que teñen como destinatarios ao propio alumnado. Esta charla está enfocada ás familias, co obxectivo de coñecer aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade, etapa fundamental no desarrollo e na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas creencias. As redes sociais están a xogar un papel moi importante; posiblemente, hoxe en día, sexa un dos elementos de socialización mais importantes para eles e elas, polo que as familias deben coñecer de cerca que hai detrás, qué está a pasar nas relacións que manteñen a través deses canais, cómo inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

OS OUTROS OLEIROS SERÁN OS DESTIÑOS DO VEN E DESCUBRE 2018

Este ano o topónimo de Oleiros será o fío condutor do programa e o nexo común entre todos los lugares que se visitarán tanto no excursionismo como en sendeirismo. Vilas cun pasado común a Oleiros, con tradición alfareira, con tradición artesanal e industrial coa cerámica, así como lugares co mesmo topónimo. Paisaxe e natureza, historia, cultura, artesanía…historia viva arredor do topónimo Oleiros por toda Galicia e incluso Portugal, destino das rutas de sendeirismo de fin de semana. Un total de 18 excursións, con 1.800 prazas, e 12 rutas de sendeirismo con 540 prazas, ás que hai que engadir as dúas fin de semana de sendeirismo con 40 prazas cada unha delas, fan unha oferta total de 2.420 prazas para todas as actividades desenvoltas no Ven e Descubre 2018 do Concello de Oleiros. Todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros están invitadas a participar neste programa. Os folletos informativos poderán atopalos nos edificios municipais e casas do pobo a partir da semana que ven. Mais información, como sempre, no teléfono de atención ao veciño 981610000.

A FABRICA ACOLLERÁ O VENRES 2 DE MARZO A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA VEN E DESCUBRE 2018

Todas as persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros están invitadas a acudir á presentación do Programa Ven e Descubre 2018, o próximo venres, 2 de marzo, ás 18:30 h, no auditorio do Centro Sociocultural A Fábrica en Santa Cristina Este programa, con mais de 20 anos de funcionamento, engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Cada ano todas as excursións e rutas de sendeirismo xiran arredor dunha temática común. Nesta presentación poderán coñecer de primeira man os distintos destinos e os nexos que hai entre os distintos lugares que visitaremos. Un programa de calidade no que o divertimento vai acompañado da aprendizaxe, da cultura e da historia, a través dunhas viaxes aos puntos mais fermosos de Galicia. Posteriormente a esta presentación distribuiranse por todos os edificios municpais, casas do pobo… os folletos informativos da actividade. Se queres saber mais non quedes na casa e vai o próximo venres 2 de marzo á presentación de Ven e Descubre.

O LUNS 12 ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

O Concello de Oleiros abre o prazo para inscribirse nas distintas actividades do Plan de Igualdade que se desenvolven ao longo de todo o ano. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente tres son as actividades para as que se abre o prazo: ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 28 de febreiro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. A partir do 26 de febreiro no Centro Cultural A Fábrica. O prazo de presentación das solicitudes remata o martes 20 de febreiro. ¿ "LUCES, CÁMARA… ACCIÓN!": un obradoiro de exploración das emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Esta actividade está dirixida tanto a mulleres comoa homes. A partir do 9 de marzo no Centro Cultural A Fábrica. O prazo de presentación das solicitudes remata o venres 2 de marzo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza