Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   
NOVAS

O venres 15 de febreiro abre o prazo de inscrición Concurso de disfraces do Entroido 2019

XXXV edición da Festa do Entroido en Oleiros Polideportiva de Santa Cruz Venres, 1 de marzo, a partir das 19:00 h O venres 15 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces do Entroido en Oleiros. A festa que será o venres 1 de marzo, ao adiantala unha semana para evitar a coincidencia cos actos do día da muller. Este ano o Entroido na comarca arrancará en Oleiros o día anterior ao sábado de Carnaval. Máis de 4.000 € en premios para repartir entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. As parellas como se modificou o ano pasado competirán na categoría de individuais, xa que son poucas e adoitan a ter unha temática común, polo que decidiuse englobalas nesta categoría en vez da de grupos para que teñan maiores oportunidades.

As actividades ocupacionais contan con prazas dispoñibles

Entre o 2 e o 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites en liña dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais, a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro ás 12:00 horas.

O CONCELLO DE OLEIROS E O INEF POÑEN EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO DE ACTIVIDADE FISICA ADAPTADA PARA MULLERES NUN PROCESO ONCOLOXICO

A concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros e o Seminario de Estudos de Xénero e Ciencias da Actividade Física e o Deporte do INEF continúan a súa estreita colaboración e poñen un marcha un proxecto piloto dirixido a desenvolver unha actividade física para mulleres que pasaron o están a pasar por unha enfermedade oncolóxica. As consecuencias de padecer un cancro ten importante repercusións na saúde, no estado físico e no emocional, non solo pola dureza da enfermidade senón tamén pola agresividade dos tratamentos. O fin desta actividade é contribuír a mellorar a calidade de vida destas mulleres a través da práctica dunha actividade física, adaptada, cun triple obxectivo: ¿ Reducir os efectos secundarios dos tratamentos e que poderían cronificarse como fatiga, sofocos, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria, sobrepeso, sequedade nas mucosas, linfedema e alteracións na imaxe corporal. ¿ Incrementar e mellorar a autoestima, o benestar emocional, a sexualidade e as relacións sociais. ¿ Crear un grupo de iguais no que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día. En principio está pensada unha sesión semanal de hora e media de duración, os venres de 12:00 a 13:30 h na Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

OLEIROS PON EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS DUN FAMILIAR CON DEPENDENCIA

Un dos obxectivos da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros é mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras a través dos grupos Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapeútico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer "normais" moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas. Este obradoiro chamado Descubrindo emocións que se inicia o próximo 8 de outubro durará ata o 26 de novembro, en 8 sesións semanais de hora e media. En concreto as sesións serán os luns, de 16:30 a 18:00 h no Centro de Formación Municipal en Os Regos. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Desenvolvese a través dunha colaboración entre o equipo técnico dos Servizos Sociais de Oleiros con profesionais da Asociación de Familiares de Alzheimer da Coruña, AFACO, entidade con ampla experiencia neste campo. Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade... Tamén adquiren habilidades para enfrontarse a eses problemas e voltar a desfrutar a vida sen deixar de atender e coidar so seus seres queridos

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza