Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

OLEIROS PON EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO PARA PERSOAS COIDADORAS DUN FAMILIAR CON DEPENDENCIA

Un dos obxectivos da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros é mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras a través dos grupos Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapeútico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer "normais" moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas. Este obradoiro chamado Descubrindo emocións que se inicia o próximo 8 de outubro durará ata o 26 de novembro, en 8 sesións semanais de hora e media. En concreto as sesións serán os luns, de 16:30 a 18:00 h no Centro de Formación Municipal en Os Regos. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Desenvolvese a través dunha colaboración entre o equipo técnico dos Servizos Sociais de Oleiros con profesionais da Asociación de Familiares de Alzheimer da Coruña, AFACO, entidade con ampla experiencia neste campo. Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade... Tamén adquiren habilidades para enfrontarse a eses problemas e voltar a desfrutar a vida sen deixar de atender e coidar so seus seres queridos

O LUNS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNS OBRADOIROS DE DISCIPLINA POSITIVA DIRIXIDO ÁS FAMILIAS DE OLEIROS

O luns 24 de setembro ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de Disciplina Positiva dirixidos ás familias de Oleiros con menores entre 0 e 12 anos de idade organizados pola concellería de Servizos Sociais. Estes obradoiros están baseados nos principios da Disciplina Positiva, que desterran os métodos de condicionamento da conduta (castigos e premios) e dan as claves para ensinar ás nenas e aos nenos a desenvolver as súas propias habilidades en base ás súas decisións, guiadas/os sempre pola supervisión da persoa adulta. Trátase de que pensen por si mesmos e axudalos a ir construíndo o seu propio criterio, favorecendo a convivencia e creando un clima agradable e de confianza na familia. Cada un dos obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha. Serán en horario de tarde, ao longo do mes de outubro e desenvolveranse na Casa de Cultura de Perillo os seguintes días: ¿ Obradoiro 1 (familias con menores de 0-6 anos de idade): luns e mércores, 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro. ¿ Obradoiro 2 (familias con menores de 7-12 anos de idade): martes e xoves, 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de outubro. As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 h do luns 24 de setembro e ata o xoves 27 de setembro ás 23:00 h. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 20 persoas.

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS OBRADOIROS OCUPACIONAIS 2018

 Pode consultar a listaxe de persoas admitidas para realizar os Obradoiros do programa "Actividades ocupacionais de Servizos Sociais" durante o período de outubro a decembro de...

ÁBRESE O PRAZO PARA AS ACTIVIDADES DO PLAN DE IGUALDADE DE OLEIROS

A partir da próxima semana reinicianse as distintas actividades que desenvolve o Concello de Oleiros no marco do Plan de Igualdade. Un conxunto de actividades dirixidas ao fortalecemento emocional das persoas participantes e co obxectivo final de acadar un maior benestar físico e emocional. Inicialmente son tres as actividades que contan con algunha praza vacante para as que se abre o prazo de inscrición: ¿ "MOVEMENTE": un taller de fortalecemento da conexión do corpo e da mente no que se combina o movemento con distintas expresións artísticas. Empeza o luns, 10 de setembro no Centro Cultural A Fábrica. ¿ OBRADOIRO DO CORPO: unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. A partir do mércores 12 de setembro na Casa da Cultura de Perillo. ¿ "LUCES, CÁMARA… ACCIÓN!": un obradoiro, dirixido tanto a mulleres comoa homes, no que se exploran as emocións a través da interpretación e creación dun audiovisual. Unha visión das emocións e vivencias do día a día, recreando esceas e persoaxes de ficción, a construcción dun guión e culminará coa grabación dunha peza audiovisual. Reiniciase o venres, 14 de setembro, no Centro Cultural A Fábrica. Todas estas actividades están alineadas coa búsqueda permanente que temos como persoas do noso benestar, dun maior autocoñemento e do reforzo da autoestima e das nosas capacidades. Para iso combinanse modernas metodoloxías que van dende a actividade física e o movemento do corpo á comunicación a través da palabra e de distintas expresións artísticas. As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

CONCEDIDOS 15.000 ¿ EN PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACION PARA O CURSO 2018/2019

O 21 de Agosto de 2018, publicouse a resolución definitiva das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019 da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros por un importe total de 14.430 ¿. Na convocatoria deste ano presentáronse un total de 142 solicitudes para 248 menores, 119 nenas e 129 nenos. De todas as solicitudes presentadas finalmente foron concedidas as axudas ás 99 familias, que presentaron toda a documentación esencial para xustificar a súa solicitude e cumprían os reuqisitos recollidos na convocatoria, sendo un total de 174 os menores beneficiados por estas axudas. Aproximadamente na segunda semana de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, as familias beneficiadas recibirán a axuda en efectivo tras a preceptiva tramitación administrativa. As listaxes estarán expostas no taboleiro de edictos do Concello e no Departamento de Servizos Sociais, poderán consultarse en persoa ou telefónicamente a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. Tamén estará publicado na web municipal no apartado da Concellería de Servizos Sociais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza