Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade
   

NOVAS

     

Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización

O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS PRESTACIONS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2017/2018 DO CONCELLO DE OLEIROS

No BOP do día de hoxe saen publicadas as bases e a convocatoria das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018 do Concello de Oleiros. O prazo de solicitude abrese dende mañán ata o día 12 de xuño inclusive. Estas axudas son unha das medidas pola inclusión social que ten recollidas no seu regulamento a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. Teñen como fin apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir os gastos extraordinarios que xenera o inicio do curso escolar nunha familia. Son compatibles con outras axudas similares que poda haber doutras administracións. Para este curso 2017/2018 increméntanse as cuantías das axudas así como o límite para acceder a elas, o que permitirá solicitalas mais familias e que as axudas recibidas sexan maiores. Os importes das axudas para o curso 2017/2018 son os seguintes: - 2º ciclo de educación infantil: 70 € - Educación primaria: 80 € - ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 € - Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 € Para calquera información poden acudir as oficinas do Departamento de Servizos Sociais ou chamar a través do teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros, 981 610 000.

OS CENTROS DE ENSINO COLABORAN CO BANCO SOLIDARIO DE OLEIROS NUNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ACEITE

O Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros vai desenvolver a súa anual campaña de recollida de produtos de alimentación nos centros educativos públicos de Oleiros centrada este ano nun único produto: o aceite, tanto de oliva como de xirasol. A campaña vaise desenvolver durante dúas semanas, do 8 ao 19 de maio, en todas as escolas infantís, colexios e institutos públicos do término municipal. Entre todos os centros repartíronse 3.500 cartas dirixidas ás familias informando do obxectivo desta acción solidaria, á vez que se ofrece a posibilidade de que acudir aos centros a explicar en que consiste a actividade do Voluntariado de Oleiros e do Banco Solidario. O aceite é un produto básico, de primeira necesidade e que nos últimos tempos viu incrementado o prezo notablemente, polo que dende o equipo de voluntarios e voluntarias que desenvolven a súa actividade no Banco Solidario valoraron fundamental centrar a recollida neste produto. Esta campaña complementa as actuacións que se levan a cabo dende outros programas municipais recollidas no regulamento de medidas pola inclusión social, como os bonos de alimentos, así como do Banco Solidario, o reparto de alimentos excedentes da Unión Europea. O Banco Solidario é un dos proxectos do Voluntariado de Oleiros no que están implicados un maior número de voluntarios e voluntarias, cunha actividade continua e activa durante todo o ano.

O CONCELLO DE OLEIROS RINDE HOMENAXE A UNHA MONITORA DAS ACTIVIDADES DE MAIORES CUN PREMIO DE FOTOGRAFIA

Premio de fotografía Ven e Descubre "Mª José Cayado" (Cheché) A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros promove a creación do Concurso de Fotografía Ven e Descubre "Mª José Cayado" (Cheché), co obxectivo de recordar a figura e servir de homenaxe a quen durante mais de 20 anos traballou por e para as persoas maiores de Oleiros en diferentes actividades e programas contribuíndo, a través do seu traballo diario cheo de vitalidade, humanidade, bo facer e sentido do humor, ao maior benestar dos maiores de Oleiros. Unha persoa chea de enerxía, positiva e loitadora, que transmitía esa forza e gañas de vivir no seu traballo diario coas persoas maiores de Oleiros, quenes a recordan con cariño, xa que en moitas ocasións foi a persoa que lles axudou a saír adiante ante momentos difíciles nas súas vidas. Con este concurso o Concello de Oleiros quere recordar a esta gran persoa que se gañou o corazón das persoas maiores de Oleiros durante todos estes anos. O ano pasado, tras unha larga enfermidade, deixou un importante vacío entre os maiores e entre os compañeiros e compañeiras dos Servizos Sociais de Oleiros, polo que desta forma, a través do concurso de fotografía, seguirá estando presente e animando á xente a seguir activa, xa que a súa forma de actuar identifícase plenamente cos valores que defende este programa. No concurso poderán participar todas as persoas que participen no programa "Ven e Descubre" de excursionismo e sendeirismo que desenvolve o Concello de Oleiros anualmente

"Sabor a historia" a nova edición do programa de excursionismo e sendeirismo "Ven e descubre"

Desde o 3 de abril as persoas maiores de 60 anos de Oleiros poden xa inscribirse no programa "Ven e descubre": un programa COÑECER, ESCOITAR, APRECIAR, DISFRUTAR E REFLEXIONAR sobre diferentes lugares da xeografía galega. Para este ano se ofrece un programa con "Sabor a historia" onde se coñeceran lugares onde aconteceron feitos da historia de Galicia de grande relevancia VEN E DESCUBRE non é un programa de paseos, e un programa de VIDA, dinámico, onde se crea un espazo para compartir. Cada visita e unha proposta de inmersión na contorna, na paisaxe, na historia, na economía, nas persoas que alí viven. E unha viaxe acompañada na que os guías provocan, suxiren e seducen para que os participantes desexen coñecer e compartir os coñecementos. Este programa que leva 21 anos funcionando convoca aos participantes a viaxar en dous formatos diferenciados. A través de rutas denominadas de "excursionismo" nas que se trasladan en autobús e realizan pequenos paseos e visitas guiadas, e a segunda opción e a denominada "sendeirismo" onde se realiza a ruta camiñando a través dun sendeirismo interpretativo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza