Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Sanidade  
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade » Sanidade

Presentación

O Artigo 25.1 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, determina as competencias  municipais,concretamente en materia de sanidade sinala no apartado f) a Protección do Medio Ambiente, no que inciden diversas normas como o Regulamento de Actividades Molestas, Nocivas,Insalubres e Perigosas de 30 de Novembro de 1961, aplicable as licencias de apertura de establecementos, e tamén a Lei 14/1986, de 25 de Abril,  Xeral de Sanidade.

Por outra banda, no apartado h) da mesma Lei 7/1985, atribúe os Concellos a Protección da salubridade pública, a esta competencia refírese o Artg. 42 da mentada Lei 14/1986, Xeral de Sanidade, como veremos mais adiante.

Desperdigadas entre a lexislación sectorial poden encontrarse outras normas relacionadas ca salubridade pública como, por exemplo, o disposto na Lei 22/1988, de 28 de Xullo, de Costas, en coio  Artg. 115 atribúe os Concellos a limpeza das praias e o seu mantemento en condicións de hixiene e salubridade.

Agora vamos a sinalar as competencias que o Art. 42 da Lei Xeral de Sanidade outorga os Concellos:

  1. Control sanitario do medio ambiente: Contaminación atmosférica, abastecemento de augas, saneamento de augas residuais, residuos urbanos e industriais.
  2. Control sanitario de industrias, actividades e servizos, transportes, ruídos e vibracións.
  3. Control sanitario de edificios e lugares de vivendas e convivencia humana, especialmente dos centros de alimentación, perruquerías, saunas e centros de hixiene persoal, hoteis  e centros residenciais,  escolas, campamentos turísticos e areas de actividade físico deportivas e de recreo.
  4. Control sanitario da distribución e suministro de alimentos, bebidas e demais produtos, directa ou indirectamente relacionados co uso e consumo humanos, asi como os medios de transporte.
  5. Control sanitario dos cemiterios e policía sanitaria mortuoria.

Así tamén, o Paragrafo 4 desta Lei 14/1986, establece que para o desenrolo destas funcións os Concellos deberán recabar o apoio técnico do persoal e medios das Areas de Saúde en coia demarcación esten comprendidos.

NOVAS

O Concello de Oleiros inicia unha campaña de sensibilización sobre a doazón de medula ósea

O Concello de Oleiros vai desenvolver unha campaña de sensibilización entre a poboación sobre a doazón de medula ósea para concienciar os veciños e veciñas sobre a transcendencia tan importante que ten este acto co que se pode axudar a moitas persoas en todo o mundo.

Unha mesa redonda analizará a situación da sanidade pública en Galicia

Mañá xoves 4 de febreiro, ás 20:00 h, vaise celebrar unha mesa redonda baixo o título Estase a desmantelar a Sanidade Pública en Galicia? nas Torres de Santa Cruz . No acto participarán distintos expertos e profesionais da medicina e da xestión sanitaria que ofrecerán datos, testemuñas e información que acreditan o desmantelamento e a privatización que se está a levar a cabo da Sanidade Pública, á vez que denunciarán o incremento no gasto e a perda de eficacia que estas actuacións están a supoñer nas arcas públicas.

A Fábrica acolle este venres unha mesa redonda sobre a hepatite C e a sanidade pública en Oleiros

A Fábrica acolle este venres unha mesa redonda sobre a hepatite C e a sanidade pública en Oleiros

Oleiros, 10 de marzo de 2015-. A Plataforma de afectados pola hepatite C e a Plataforma SOS Sanidade Pública participarán nunha mesa redonda que co nome de "Hepatite C: os recortes matan, medicación para todos e todas" vaise desenvolver no Centro Cultural A Fábrica en Perillo, o vindeiro venres 13 de marzo, ás 19:30 horas.

O Concello de Oleiros súmase á campaña iniciada por unha veciña contra o copago farmacéutico hospitalario

O Concello de Oleiros súmase á campaña iniciada por unha veciña contra o copago farmacéutico hospitalario

Oleiros, 2 de xuño de 2014-. Unha veciña de Oleiros iniciou unha campaña a través da plataforma www.change.org co obxectivo de poñer freo ao decreto que quere implantar o copago farmacéutico hospitalario nos casos de enfermidades crónicas e graves.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza