Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade » Publicacións
   

PUBLICACIÓNS

     
« Atrás

Premio de fotografía Ven e Descubre ¿Mª José Cayado¿ (Cheché) (PDF - 162.0 KB)

Premio de fotografía Ven e Descubre ¿Mª José Cayado¿ (Cheché) (PDF - 162.0 KB)

A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros promove a creación do Concurso de Fotografía Ven e Descubre ¿Mª José Cayado¿ (Cheché), co obxectivo de recordar a figura e servir de homenaxe a quen durante mais de 20 anos traballou por e para as persoas maiores de Oleiros en diferentes actividades e programas contribuíndo, a través do seu traballo diario cheo de vitalidade, humanidade, bo facer e sentido do humor, ao maior benestar dos maiores de Oleiros.

BIBLIOGRAFIA PARA PERSOAS COIDADORAS (PDF - 839.0 KB)

BIBLIOGRAFIA PARA PERSOAS COIDADORAS (PDF - 839.0 KB)

Selección de libros, contos, películas e outros documentos dirixidos as persoas coidadoras.

Oleiros na Memoria (PDF - 3,064.4 KB)

Oleiros na Memoria (PDF - 3,064.4 KB)

Mais de 200 persoas acoden semanalmente aos talleres de memoria que desenvolve a concellería de Servizos Sociais en todas as parroquias do Concello de Oleiros. Unha actividade dirixida a promocionar a estimulación cognitiva e a fomentar as relacións sociais. Nos últimos tres anos desenvolveuse dentro destes talleres o proxecto ¿Oleiros na memoria¿ co obxectivo de recuperar parte da historia do concello a través das fotos, dos relatos, das anécdotas... contada polos seus protagonistas. Froito deste intenso traballo de recompilación xuntouse un cuantioso material de moito valor, o que motivou que se creara unha mesa de redacción para coordinar os textos e as fotografías coas que se elaboraría a publicación. Hoxe esta publicación xa está preparada, unha revista detrás da que hai moito traballo e moito agarimo, moitos recordos e moitas emocións, porque é a historia contada por quenes a viviron, contando como a viviron. Hai que destacar o feito de que todo o que aparece nesta publicación foi elaborado íntegramente polas persoas que acuden aos talleres.

Ocio para persoas coidadoras (PDF - 6,285.8 KB)

Ocio para persoas coidadoras (PDF - 6,285.8 KB)

Publicación realizada polas persoas que compoñen o grupo "Coidando emocións" do Concello de Oleiros. Unha proposta de espazos de ocio para recuperar un espazo de intimidade con nós mesmos e co contorno.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza