Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Sanidade » Contidos
   

NOVAS

     
« Atrás

A PRÓXIMA SEMANA REINICIASE A ACTIVIDADE DE "OBRADOIRO DO CORPO"

O próximo mércores 27 de de febreiro reiniciase a actividade de "Obradoiro do Corpo" na Casa da Cultura de Perillo. Esta actividade enmárcase nun amplo programa de actividades dirixidas á muller que dende fai anos desenvolve o Concello de Oleiros dirixidas ao seu benestar tanto físico como emocional dende unha perspectiva de xénero. O próximo mes de marzo vaise presentar toda a oferta de obradoiros e actividades que se impulsan dende o Plan de Igualdade baseadas nun empoderamento consciente. Como avance desta programación mais ampla retómase este 2019 o "Obradoiro do Corpo" unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. Vaise desenvolver os mércores na primeira planta da Casa da Cultura de Perillo, en dous grupos, un de 10:00 a 11:30 h e outro de 11:45 a 13.15 h. Aínda queda algunha praza vacante polo que as mulleres interesadas poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. .

Publicadas as listas das actividades ocupacionais

  Xa podes consultar as listaxes das persoas inscritas con prazas nos obradoiros de actividades ocupacionais. Recordade que a partir de mañán e ata o día 14 podedes recoller as follas de...

Concurso de disfraces Entroido 2019

Polideportiva de Santa Cruz Venres, 1 de marzo, a partir das 19:00 h Mañán venres 15 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces do Entroido en Oleiros. A festa que será o venres 1 de marzo, ao adiantala unha semana para evitar a coincidencia cos actos do día da muller. Este ano o Entroido na comarca arrancará en Oleiros o día anterior ao sábado de Carnaval. Máis de 4.000 € en premios para repartir entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. As parellas como se modificou o ano pasado competirán na categoría de individuais, xa que son poucas e adoitan a ter unha temática común, polo que decidiuse englobalas nesta categoría en vez da de grupos para que teñan maiores oportunidades.

As actividades ocupacionais contan con prazas dispoñibles

Entre o 2 e o 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites en liña dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais, a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro ás 12:00 horas.

O CONCELLO DE OLEIROS E O INEF POÑEN EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO DE ACTIVIDADE FISICA ADAPTADA PARA MULLERES NUN PROCESO ONCOLOXICO

A concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros e o Seminario de Estudos de Xénero e Ciencias da Actividade Física e o Deporte do INEF continúan a súa estreita colaboración e poñen un marcha un proxecto piloto dirixido a desenvolver unha actividade física para mulleres que pasaron o están a pasar por unha enfermedade oncolóxica. As consecuencias de padecer un cancro ten importante repercusións na saúde, no estado físico e no emocional, non solo pola dureza da enfermidade senón tamén pola agresividade dos tratamentos. O fin desta actividade é contribuír a mellorar a calidade de vida destas mulleres a través da práctica dunha actividade física, adaptada, cun triple obxectivo: ¿ Reducir os efectos secundarios dos tratamentos e que poderían cronificarse como fatiga, sofocos, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria, sobrepeso, sequedade nas mucosas, linfedema e alteracións na imaxe corporal. ¿ Incrementar e mellorar a autoestima, o benestar emocional, a sexualidade e as relacións sociais. ¿ Crear un grupo de iguais no que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día. En principio está pensada unha sesión semanal de hora e media de duración, os venres de 12:00 a 13:30 h na Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza