Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade
   
NOVAS

« Atrás

II PLAN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE OLEIROS

O II Plan de Igualdade xurde da necesidade de afondar no compromiso coas políticas de igualdade no Concello de Oleiros, así como poñer en marcha novas actuacións dirixidas a superar as desigualdades e as discriminacións por razón de sexo, identidade ou expresión de xénero.

Este II Plan de Igualdade ve a luz logo de meses de traballo atravesados pola pandemia e polas excepcionais circunstancias que nos tocou vivir. Malia todo, o presente documento desenvolveuse a través dun proceso participativo no que se traballou, entre outros axentes chave, co tecido asociativo, coas escolas infantís e as ANPAs, cos partidos políticos, ... e co propio persoal técnico e político do Concello. Este proceso foi fundamental para o deseño deste II Plan de Igualdade, recolléndose visións e suxestións para desenvolver a diagnose sobre a situación da igualdade de xénero no concello e formulando propostas de actuación para o deseño do Plan.

O II Plan de Igualdade incorpora medidas específicas para afrontar un cambio de valores que permitan avanzar cara unha sociedade máis igualitaria. Tamén está moi presente neste Plan o enfoque interseccional, atendendo aos diferentes factores de discriminación que poden darse non só por motivos de xénero, senón tamén por etnia, raza, diversidade funcional, orientación ou identidade ou expresión de xénero, entre outras.

A igualdade é un dereito fundamental recoñecido a través de instrumentos xurídicos desenvoltos a  nivel internacional, nacional, autonómico e local, que obrigan ás Administracións a traballar na eliminación das barreiras e discriminacións que dificultan acadar de xeito efectivo dita igualdade entre mulleres e homes.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, impulsora deste II Plan de Igualdade 2021-2024, aposta por combater con políticas públicas planificadas e transversais, os atrancos que impiden acadar a igualdade entre mulleres e homes e traballar por unha sociedade máis xusta, sen discriminación, solidaria e libre de violencia de xénero en todas as súas manifestacións.

Conscientes do traballo que aínda queda por facer, é vontade deste concello integrar a igualdade de oportunidades en cada unha das súas áreas de competencia. Estamos ante un reto que precisa do compromiso de todas e todos, da participación constante e da cooperación da veciñanza, pois só así construiremos un pobo máis xusto, máis ético e, en definitiva, máis feliz.

DOCUMENTO COMPLETO

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza