Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade
   

NOVAS

     

VOLUNTARIADO EN FORMACIÓN CONTÍNUA

Como cada ano, convócase o Curso de formación Básica en voluntariado para todas as persoas que se incoparon ao programa municipal e por suposto dirixido a tódolos veciños e veciñas de Oleiros que estean interesados en realizalo. O curso consiste no desenvolvemento dos contidos fundamentais do voluntariado, explicado por profesionais cun amplio percorrido no sector e con unha experiencia constatada. Desenvolverase dunha forma dinámica e participativa ao longo de 10 horas de duración. Como cada ano solicitarase a homologación por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado onde valoraron os contidos que se desenvolven e os docentes que o imparten. O curso levarase a cabo durante os días 14, 15 e 16 de novembro no Centro de Formación "Isaac Díaz Pardo". - Xoves, 14 de novembro de 16:30H a 19:30H - Venres, 15 de novembro de 16:30H a 19:30H - Sábado, 16 de novembro de 10:00H a 14:00H A inscrición é gratuíta e realizarase na Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros.

LISTAS PERSOAS ADMITIDAS ACTIVIDADES OCUPACIONAIS

Pode consultar a listaxe de persoas admitidas nas "Actividades ocupacionais" correspondentes ao mes de novembro e decembro de 2019. As persoas admitidas poderán recoller os documentos de pago nas oficinas de Servizos Sociais entre o 4 e 8 de novembro en horario de 9:00 a 14:00.

A PRÓXIMA SEMANA REINICIASE A ACTIVIDADE DE "OBRADOIRO DO CORPO"

O próximo mércores 27 de de febreiro reiniciase a actividade de "Obradoiro do Corpo" na Casa da Cultura de Perillo. Esta actividade enmárcase nun amplo programa de actividades dirixidas á muller que dende fai anos desenvolve o Concello de Oleiros dirixidas ao seu benestar tanto físico como emocional dende unha perspectiva de xénero. O próximo mes de marzo vaise presentar toda a oferta de obradoiros e actividades que se impulsan dende o Plan de Igualdade baseadas nun empoderamento consciente. Como avance desta programación mais ampla retómase este 2019 o "Obradoiro do Corpo" unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudábeis e favorecer unha maior vida social. Vaise desenvolver os mércores na primeira planta da Casa da Cultura de Perillo, en dous grupos, un de 10:00 a 11:30 h e outro de 11:45 a 13.15 h. Aínda queda algunha praza vacante polo que as mulleres interesadas poden informarse e coller as follas de inscrición no departamento de Servizos Sociais de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais Oleiros, na web municipal ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. .

Concurso de disfraces Entroido 2019

Polideportiva de Santa Cruz Venres, 1 de marzo, a partir das 19:00 h Mañán venres 15 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces do Entroido en Oleiros. A festa que será o venres 1 de marzo, ao adiantala unha semana para evitar a coincidencia cos actos do día da muller. Este ano o Entroido na comarca arrancará en Oleiros o día anterior ao sábado de Carnaval. Máis de 4.000 € en premios para repartir entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. As parellas como se modificou o ano pasado competirán na categoría de individuais, xa que son poucas e adoitan a ter unha temática común, polo que decidiuse englobalas nesta categoría en vez da de grupos para que teñan maiores oportunidades.

As actividades ocupacionais contan con prazas dispoñibles

Entre o 2 e o 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites en liña dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais, a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro ás 12:00 horas.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

CONCEDIDOS 15.000 ¿ EN PRESTACIÓNS DE APOIO Á ESCOLARIZACION PARA O CURSO 2018/2019

 Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social desenvoltas pola concellería de Servizos Sociais de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. As cuantías para cada unha das etapas son as seguintes:

 

-       2º ciclo de educación infantil: 70 €

-       Educación primaria: 80 €

-       ESO ou ciclo formativo equivalente: 90 €

-       Bacharelato ou ciclo formativo equivalente: 110 €

 

O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, diccionarios, libros…) Estas prestacións son compatibles coas  axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas solo a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en edad escolar.

LISTAXES PRESTACIÓN DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN 2018/2019

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza