Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Servizos sociais  
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade » Servizos Sociais » Trámites
   

TRÁMITES

     
« Atrás

Axudas económicas de emerxencia social municipal

Son prestacións económicas non periódicas de carácter extraordinario e de pagamento único, cun carácter finalista, dirixidas a paliar situacións carencias graves e urxentes relacionadas coa cobertura de necesidades básicas que non é posible resolver mediante a tramitación doutras axudas ou prestacións. O Concello de Oleiros conta coa subvención da Deputación Provincial de A Coruña.

Bonos de alimentos

Prestación en especie na que a través dun lote de alimentos pechado, que se entrega, temporalmente, de forma mensual, pretende axudar a aquelas unidades familiares desfavorecidas a cubrir as súas necesidades básicas de alimentación. Este programa está financiado en parte pola Deputación Provincial da Coruña.

Bonos de farmacia

Subvención por parte do Concello de Oleiros do importe que lle corresponde asumir, á persoa solicitante, no coste das medicacións que, pautadas polo seu médico de cabeceira ou especialista, precisa en tratamentos médicos continuos de enfermidades crónicas.

Dependencia

Estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razóns derivada da idade, a enfermidade ou discapacidade, e ligadas a falta ou a perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención ou doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar ABUD ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de apoios a súa autonomía persoal.

Inserción social por arraigo

Informe de Inserción social por arraigo

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza